Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
Grao en Socioloxia |
Asignaturas |
Teoría sociolóxica 1 |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría sociolóxica 1 | Código | 615G01110 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A9 A24 B4 B6 B13 B18 C1 | Considéranse traballos tutelados as prácticas expostas en clase (valoraranse as prácticas, a asistencia e a participación). En todos estes traballos valorarase: -A comprensión e manexo dos conceptos, textos e autores. -O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social. -O pensamento crítico, reflexivo e relacional. -A orixinalidade. -A correcta expresión escrita. -A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso). |
30 |
Proba obxectiva | A9 A11 A24 B3 B6 B13 C1 | Exame escrito con preguntas breves e/ou de desenvolvemento sobre o contido da materia. Nel valorarase: -O manexo de conceptos, autores e teorías. -A comprensión da materia da materia. -A coherencia do discurso. -A correcta expresión escrita. |
60 |
Presentación oral | A24 B3 B4 B6 B13 B18 C1 | A presentación oral é obrigatoria. Nela valorarase: -O dominio e comprensión do tema. -A capacidade de síntese. -A correcta expresión oral. -A creatividade. -O traballo en grupo. |
10 |
Observacións avaliación | |||
Avaliación continua. A parte práctica (o conxunto de prácticas e actividades de clase, a exposición, a asistencia e a participación) supoñerá o 40% da cualificación, o exame final o 60%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado. As prácticas que se realizarán ao longo do cuadrimestre terán un contido variado. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10. Avaliación non continua. Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha titoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase en dous traballos (40% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (60% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como o exame. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10. Segunda oportunidade. A aqueles que teñan aprobada a parte práctica da materia pero non se presenten ou suspendan o exame teórico da primeira convocatoria gardaránselles as notas da parte práctica pero terán que presentarse a un exame teórico nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade). Aqueles que teñan que recuperar a parte práctica por suspendela deberán facer o mesmo exame teórico que os seus compañeiros que a teñan superada e ademais responder a unha ou varias cuestións para recuperar a parte práctica (a parte teórica do exame valerá un 60% da nota e a parte práctica un 40%). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame teórico. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. |
|