Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)
 Asignaturas
  Revisión sistemática e metaanálise
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A8 A9 B2 B3 B7 C4 Exame tipo test 10
Sesión maxistral A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 Asistencia e participación na discusión sobre a solución das actividades propostas 10
Solución de problemas A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 Avaliación das actividades propostas 80
 
Observacións avaliación

O apartado de Solución de problemas consiste nas seguintes actividades asociadas a cada un dos temas da materia:

  • REVISIÓN SISTEMÁTICA (40% da nota final)

Desde o comezo do curso, cada alumno ou alumna terá dispoñible na aula virtual a información e temporalización sobre as tarefas que deberá desenvolver ao longo das sesións e que obrigatoriamente entregará para a súa avaliación:

  1. CONTRIBUÍR Á ELABORACIÓN DOS APUNTES COLABORATIVOS.
  2. BUSCAR, AVALIAR E PRESENTAR NA AULA A INFORMACIÓN DUN ARTIGO RCT SOBRE UN TEMA SELECCIONADO.
  3. BUSCAR E AVALIAR UNHA REVISIÓN SISTEMÁTICA CO PROTOCOLO PRISMA. Entregarase un planilla con todos os items dos que consta a avaliación. Redactarase unha pequena reflexión crítica sobre a revisión e os seus resultados.
  4. PRESENTAR Os RESULTADOS DA AVALIACIÓN ANTERIOR NA AULA. 
  5. ELABORAR A PRIMEIRA PARTE DUNHA METAANÁLISE. Definir un obxectivo de estudo moi concreto e ben fundamentado. Deseñar unha estratexia de procura adecuada. Definir os criterios de selección dos artigos. Facer unha valoración da calidade e do risco de sesgo dos artigos seleccionados.
  6. PRESENTAR OS RESULTADOS DA PRIMEIRA PARTE DA METAANÁLISE NA AULA.
  • METAANÁLISE (40% da nota final)

Cos artigos localizados na parte do curso dedicada á revisión sitemática, o alumno deberá realizar un metaanálisis co programa CMA. O alumno deberá achegar un informe que conterá as seguintes partes:

  1. IDENTIFICACIÓN DOS TRABALLOS EMPREGADOS: Listaxe de artigos e identificación do/os parámetros dos mesmos a empregar no metaanálise
  2. SELECCIÓN XUSTIFICADA DO TAMAÑO DO EFECTO A ANALIZAR
  3. META-ANÁLISE. Deberá incluírse, tanto para o modelos de efectos fixos como aleatorios,  Forest plot; p-valores de traballos individuais e do efecto resumen; límites inferiores e superiores dos intervalos de confianza de efectos individuais; peso de cada traballo; estatísticos de homogeneodad (Q, I e T^2)
  4. INTERPRETACIÓN DA METANÁLISE. Conclusións  respecto a análise realizada tanto no referido ao resultado final como no concernente á homoxeneidade dos efectos. Así mesmo incluirase algunha reflexión respecto ao contraste entre o resultado obtido baixo o modelo de eefctos fixos e o modelo de efectos aleatorios.

En canto ao apartado de Sesión maxistral (asistencia), poderarase en función da porcentaxe de asistencia e participación activa.

A materia considérase superada cando a nota final (media ponderada dos diferentes apartados)  sexa maior ou igual ao 50% da  máxima nota posible (5 sobre 10).

Os diferentes apartados superados serán conservados en oportunidades sucesivas. Na segunda oportunidade de cada convocatoria, o alumnado só poderá optar á avaliación de calquera dos apartados da metodoloxía "Solución de problemas" e da "Proba Obxectiva".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes