Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Anatomía e cinesioloxía do movemento humano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta C1 C6 ¡IMPORTANTE ! Vexa as observacións de avaliación máis abaixo.

- As probas mixtas incluirán tódolos contidos impartidos en tódalas sesións maxistrais, nos estudos de casos e en tódalas prácticas de laboratorio.

As preguntas poden ser de diferentes tipos: preguntas curtas; de verdadeiro/falso; de tipo test con varias opcións de resposta (das que somentes unha será correcta ou ben de resposta múltiple).
100
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN

Contémplanse dúas modalidades de avaliación: avaliación continua e avaliación única final.

A avaliación continua será a modalidade preferente. 

O alumnado poderá optar pola avaliación única final sempre que a solicite, de xeito motivado, na primeira semana do cuadrimestre de impartición da asignatura. Excepcionalmente, a solicitude de avaliación única final poderá realizarse fora do prazo establecido en casos de cambios de situación laboral ou de problemas de salud sobrevidos, debidamente xustificados. A solicitude de avaliación única final supón a renuncia á avaliación continuada.

AVALIACIÓN CONTINUA.-

- É obrigatoria a asistencia ao 70% das sesións de docencia expositiva e ao 70% das sesións de prácticas de laboratorio. O incumprimento desta porcentaxe mínima de asistencia implicará que o alumno/a non poderá seguir coa avaliación continua e pasará a acollerse únicamente á avaliación única final tanto na primeira como na segunda oportunidade. 

O alumnado que, por causas xustificadas contempladas na normativa académica, non acade a porcentaxe de presencialidade esixida, poderá seguir realizando a avaliación continua. A xustificación das ausencias deberá estar documentada. 

Os requisitos para superar a asignatura mediante avaliación continua son: 

Avaliación continua formativa (75% da puntuación total final).- Consistirá en tres probas obxetivas parciais (presenciais ou a través de Moodle da UDC) que terán lugar ao longo do cuadrimestre. Estas probas terán as seguintes puntuacións: 

- Bloque 1 (Introducción e xeralidades): 25% da puntuación total final. 

- Bloque 2 (Membro inferior).- 25% da puntuación total final. 

- Bloques 3 y 4 (Cabeza e tronco e Membro superior).- 25% da puntuación total final. 

- Avaliación continua mediante unha proba mixta global (25% da puntuación total final) .- Consistirá nunha proba global de tódolos contidos da asignatura e que coincidirá coas datas oficiais da primeira e a segunda oportunidade. 

Na primeira oportunidade, para superar a asignatura mediante avaliación continua será preciso obter un 50% da puntuación total, que será a suma das puntuacións da avaliación continua formativa e a da proba mixta global. 

Segunda oportunidade.- O alumnado que suspenda a asignatura na primeira oportunidade, poderá presentarse á proba mixta global na segunda oportunidade, que terá o mesmo valor que na primeira (25% da puntuación total final). Nesta segunda oportunidade manteránse as puntuacións obtidas nas tres probas parciais. 

Non se gardará ningunha cualificación para convocatorias do seguinte ou seguintes cursos académicos.

AVALIACIÓN ÚNICA FINAL.-

A esta modalidade de avaliación acolleráse todo o alumnado que optou por esta modalidade de avaliación, así como o alumnado con matrícula parcial.  

Consistirá nunha proba mixta final (proba única que se valora ata un 100% da puntuación final). Terá lugar nas datas oficiais das probas de primeira e segunda oportunidade. Para superar a asignatura mediante este tipo de avaliación será preciso obter un 60% da puntuación total da proba.

Idioma das probas escritas de avaliación.-

- As probas serán redactadas en castelán. Se alguén desexase facer a/as probas en galego, deberá solicitalo cunha semana de antelación.

Outras consideracións.-

- O alumnado con diversidade funcional que se poida ver afectado polo tipo de avaliación deberá comunicalo ao profesor para adaptar as probas tanto en duración como realizando outro tipo de proba. 

- Cada proba parcial ou final poderá constar de preguntas de diferentes tipos: pregunas curtas; de verdadeiro/falso; de tipo test con varias opcións de resposta (das que somentes unha será correcta ou ben de resposta múltiple).

- O alumnado con matrícula parcial terá os mesmos criterios de avaliación e a mesma atención personalizada que o resto de alumnado con matrícula completa.

- A realización fraudulenta das probas (copiando ou coa axuda de dispositivos electrónicos, teléfonos móbiles, etc) implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en tódalas actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.

Asemade, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, de 25 de febreiro de 2022), o fraude académico, considerase falta moi grave, pudendo implicar a expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumplimento; así como a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académico calquer comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun examen ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha asignatura ou acreditar o rendemento académico (art. 11)

As cualificacións finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. Estas cualificacións serán: 0-4.9=Suspenso; 5-6.9=Aprobado; 7-8.9=Notable; 9-10=Sobresaliente; Matrícula de Honra (graciable a partir de 9).

O alumnado cunha cualificación final global superior a 9,0 puntos (sobre 10) que queira optar á cualificación de “Matrícula de Honra” deberá asistir, unha vez finalizadas tódalas probas, a unha reunión co profesor, onde deberá responder de xeito oral a preguntas dos contidos da asignatura. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes