Práctica de actividade física |
Trátase dunha técnica para aplicar con grupos reducidos. Ten por finalidade que os alumnos desenvolver empatía social e vivencien, mediante simulación, os problemas e dificultades que ten unha persoa con necesidades especiais á hora de realizar actividade física e deporte. |
Aprendizaxe colaborativa |
Mediante este tipo de metodoloxía, preténdese fomentar o ensino-aprendizaxe de forma presencial baseándonos na organización da clase en pequenos grupos. O alumnado traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas pola profesora para mellorar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |
Estudo de casos |
Se enfrontarán ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión dentro do seu grupo de traballo. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación formativa como sumativa. |
Proba mixta |
Consiste nun tipo de proba na que se van a integrar preguntas de ensaio e preguntas obxectivas. En canto ao apartado de ensaio, serán cuestións abertas de desenvolvemento breve. E con respecto ao apartado de preguntas obxectivas, farase tipo test. O idioma de redacción será o castelán; pero se algún alumno desexase facelo noutro idioma (galego ou inglés), non habería ningún inconveniente a condición de que o comunicase por escrito con 30 días de antelación á data oficial do exame. |