Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, na que se introducen as achegas teóricas que permitirán ao alumnado enfrontarse coa materia e desenvolver os traballos e prácticas do taller. Ademais considéranse sesións maxistrais aquelas en as que se realizan explicacións de exercicios e revisións de resultados.
Portafolios do alumno Cada alumna ou alumno irá completando ao longo do curso un caderno de notas persoal, portafolio ou caderno de bitácora. Será de follas brancas e estará encadernado. Haberá de reflectir todo o proceso de aprendizaxe vinculada coa materia, aínda que non ten que ser exclusivo da mesma, e debe incluír:
_Anotacións provenientes das sesións expositivas e as lecturas obrigatorias.
_Bosquexos e datos de obras de arquitectura que espertasen interese no estudante e/ou que se usen como referencia nos exercicios de taller.
_Rastros do proceso creativo de todos os exercicios de taller: reflexións, notas, datos, bosquexos, análises, diagramas, ideogramas, argumentos formais, obras de referencia, esquemas de planta e sección, etc.
Obradoiro O taller de proxectos é unha modalidade formativa básica da materia Proxectos 1. Componse de traballo presencial e non presencial que o alumnado ha de realizar persoalmente.
Cada unidade didáctica contén exercicios prácticos que se irán desenvolvendo nas horas presenciais de docencia interactiva e nas horas de dedicación non presencial por parte de cada unha das alumnas e alumnos.

O traballo do proxecto (prácticas individuais e/ou grupais) complétase con sesións de discusión e comentarios colectivos. Nas sesións críticas o alumnado explicará ao conxunto da clase as súas propostas.

Acreditación de asistencia ao taller: Correccións persoais co profesorado de taller.
Horas non presenciais: revisarase e completarase o traballo elaborado na aula, se fose o caso, realizaranse aqueles traballos específicos que complementen os exercicios do obradoiro.
Acreditación de asistencia ao taller: entrega do traballo realizado en cada sesión semanal.

Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.

Preparación de material síntesis do traballo realizdo na materia para a súa publicación ou exposición pública.
Proba obxectiva Instrumento de medida articulado para avaliar as capacidades e competencias adquiridas polo alumno en relación á materia.
Consistirá nun exercicio de taller de carácter gráfico a realizar presencialmente nun marco temporal de catro horas, ao cabo das cales se producirá a entrega. Permítese manexar apuntamentos e exercicios propios. O alumnado haberá de demostrar as habilidades e competencias adquiridas en relación á conciencia da forma do espazo e a súa orde, sentido da proporción e a medida, mecanismos de composición, manipulación de curvas de nivel, trazado de escaleiras e manexo de recursos gráficos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes