Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A50 A53 B2 B3 B12 O profesorado pode requirir do alumnado a asistencia á eventos culturais e divulgativos coma conferencias, exposicións, mesas redondas, proxeccións, etc. que sexan considerados de interese para os obxectivos da materia.
Os contidos destas actividades deberán reflectirse no Portafolios do alumno, onde se acreditará a asistencia e serán convintemente avaliados.

Asimesmo, o alumnado pode ser requirido para preparar material síntesis do traballo realizado na materia para a súa publicación ou exposición pública.
1
Obradoiro A34 A39 A50 A55 A63 B1 B2 B3 B6 B10 B12 C1 C5 C6 C7 C8 Cada unidade didáctica contén exercicios prácticos que se irán desenvolvendo nas horas presenciais de docencia interactiva e nas horas de dedicación non presencial por parte de cada unha das alumnas e alumnos. Para obter unha cualificación positiva é imprescindible corrixir persoalmente todos e cada un dos exercicios co profesorado correspondente.

Criterios de avaliación
A avaliación deste instrumento será progresiva, continua e global. Ao terminar o cuadrimestre, o ÚLTIMO EXERCICIO deberá demostrar que a/o
estudante alcanzou os seguintes resultados de aprendizaxe:
1. Debuxar o lugar con sensibilidade e precisión.
2. Analizar e diagnosticar posibles obxectivos de proxecto vinculados co lugar, o uso e os usuarios.
3. Elaborar bosquexos, diagramas, esquemas que permitan avanzar
no proceso creativo.
4. Atopar obras de arquitectura que sirvan como referencia e saber
traspoñer as lóxicas aplicables ao seu proxecto.
5. Comprender o concepto de idea guía e saber aplicalo ás súas propostas.
6. Establecer unha idea de proxecto desde a coherencia entre idea guía e estratexia formal.
7. Materializar adecuadamente a estratexia formal, tanto en relación ao
programa (orde, proporción, medidas, coherencia coa estratexia formal) como en relación ao lugar (implantación, orde, integración).
8. Debuxar adecuadamente a proposta, atendendo aos criterios das
listas de autoavaliación, e debuxando sempre a intervención implantada na súa contorna.
80
Sesión maxistral A50 A53 B10 B12 C1 C3 C4 Asistencia obrigatoria. A avaliación global non será posible sen a asistencia ao 85% das clases.
As clases inclúen contidos teóricos, realización de exercicios e sesións de avaliación.
Considéranse clases maxistrais aquelas en as que se imparten contidos teóricos, explicacións de exercicios e revisións de resultados.

As sesións maxistrais rexistraranse nun caderno persoal (portafolios do alumno) que se revisará periodicamente, e que acreditrará a asistencia ás mesmas.
1
Proba obxectiva A63 B1 B2 Consistirá nun exercicio de taller de carácter gráfico a realizar presencialmente nun marco temporal de catro horas, ao cabo das cales se producirá a entrega. Permítese manexar apuntamentos e exercicios propios. O alumnado haberá de demostrar as habilidades e competencias adquiridas en relación á conciencia da forma do espazo e a súa orde, sentido da proporción e a medida, mecanismos de composición, manipulación de curvas de nivel, trazado de escaleiras e manexo de recursos gráficos.

Criterios de avaliación
Esta proba mide os REQUISITOS MÍNIMOS para a SUPERACIÓN da materia, polo que se ha de obter nela unha CUALIFICACIÓN de APTO. Os criterios de avaliación do exame especifícanse nos recursos didácticos denominados LISTAS DE AUTOAVALIACIÓN que poden atoparse no apartado de observacións da avaliación. Para obter un APTO no exame, haberase de evitar os erros especificados nas LISTAS DE AUTOAVALIACIÓN. A obtención dun NON APTO na proba obxectiva supón a non superación da materia.
10
Portafolios do alumno B1 B2 B3 Cada alumna ou alumno irá completando ao longo do curso un caderno de notas persoal, portafolio ou caderno de bitácora. Será de follas brancas e estará encadernado. Haberá de reflectir todo o proceso de aprendizaxe vinculada coa materia, aínda que non ten que ser exclusivo da mesma, e debe incluír:
_Anotacións provenientes das sesións expositivas e as lecturas obrigatorias.
_Bosquexos e datos de obras de arquitectura que espertasen interese no estudante e/ou que se usen como referencia nos exercicios de taller.
_Rastros do proceso creativo de todos os exercicios de taller: reflexións, notas, datos, bosquexos, análises, diagramas, ideogramas, argumentos formais, obras de referencia, esquemas de planta e sección, etc.

Criterios de avaliación
1. Precisión e rigor na recolección de datos
2. Calidade do debuxo, que deberá mellorar ao longo do curso.
3. Composición, calidade gráfica e sensibilidade estética.
8
 
Observacións avaliación

 Condicións de seguimento do curso

_Entrega dos exercicios propostos: 100%. Admítese un máximo do
20% dos exercicios (1 exercicio) entregado con atraso, agás o
exercicio final
. As entregas acredítanse mediante a subida do arquivo á
plataforma Moodle en tempo e forma.

_Asistencia ás sesións expositivas e/ou grupos de discusión: 85% (12 de
14).

_ Portafolio: Pode ser revisado polo profesorado de taller
en calquera momento. Levarase á proba obxectiva para a súa revisión final
presencial. Poderá ser requirido o seu escaneado.

_Asistencia ao taller e correccións personalizadas: 85%. A asistencia ao
taller acredítase coa corrección persoal dos exercicios co profesorado
de taller, a mera presencialidade non é suficiente.

Medidas de dedicación para o alumnado a tiempo parcial: non se contempla a flexibilización da asistencia nin da esixencia respecto das
entregas ou a necesidade de realizar correccións personalizadas en todos
os exercicio, por seren unha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental.

Non se contempla a dispensa académica, por ser una materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental.

A detección de suposto plaxio, entendido como a copia exacta de traballos alleos non realizados en grupo, será valorado por un tribunal de avaliación formado polos profesores da asignatura. A confirmación da súa existencia supoñerá a cualificación de cero para os implicados, á parte doutras consecuencias académicas e penais previstas polo ordenamento xurídico que poidan derivarse deste feito.


Especificación dos mínimos esixibles para a superación da
materia de Proxectos 1


A. OPORTUNIDADE DE XUÑO.

1_Cumprir as condicións xerais de seguimento do curso.

2_Obter na proba obxectiva unha cualificación mínima de APTO.

3_Mostrar unha evolución positiva ao longo do cuadrimestre e alcanzar o
nivel de aprobado no último dos exercicios (ver os criterios de
avaliación do Taller).

B. OPORTUNIDADE DE JULIO.

1_Cumprir as condicións xerais de seguimento do curso.

2_Obter na proba obxectiva unha cualificación mínima de APTO.

3_Mostrar unha evolución positiva ao longo do cuadrimestre e alcanzar o nivel de aprobado no último dos exercicios.

NOTA RECORDATORIA: Non é posible superar a materia na
oportunidade de xullo sen cumprir TODAS as condicións xerais de
seguimento do curso, incluídas as correccións personalizadas. A reentrega do último exercicio na oportunidade de xullo déixase a criterio do correspondente profesorado de taller, depedendo do grado de seguimento do curso.


LISTA DE AUTOAVALIACIÓN XERAL

1. Falta de limpeza da lámina.


2. Falta de calidade da liña.

3. Fallos na valoración da liña (seccionado, non-seccionado, proxeccións).

4. Rotulación descoidada.

5. Mala composición da lámina.

6. Fallos de representación da liña de terra en seccións ou alzados.

7. Incoherencia xeométrica no debuxo en diédrico (plantas, seccións e alzados non coinciden).



8. Imprecisión de medidas.

9. Falta de escala ou proporción no debuxo.

10. Non representación do espesor e o perímetro de todos os elementos debuxados en planta, sección e alzado.

LISTA DE AUTOAVALIACIÓN DE ESCALEIRAS

FALLOS DE CONCEPCIÓN:

1. Escaleiras tortuosas ou estrañas que deixen espazos residuais.

2. Cabezada.

3. Medida incorrecta de chanzos.

4. Pendente incorrecta.

5. Inexistencia dalgunha varanda que protexa de caídas.

6. Falta de relanzos ou desembarcos, ou ancho destes inferior ao ancho da escaleira.

7. Ancho da escaleira desproporcionado co espazo (demasiado grande ou demasiado pequeno).

FALLOS DE REPRESENTACIÓN:

8. Mal seccionadas.

9. Sen liñas de proxección ou incorrectas.

10. Imprecisión de medidas: chanzos desiguais, ancho de zanca variable en sección, bordos da escaleira non paralelos, etc


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes