Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Xeometría Descritiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A63 B1 B4 B5 B12 C3 C4 C5 C6 C7 É aquí onde o alumnado participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios:
1.- Prácticas de debuxo sobre taboleiro cunha dedicación dunha sesión por práctica (cualificación 35%)
2.- Prácticas especiais como control do proceso de aprendizaxe do alumno (cualificación 50%). Estas prácticas poderán constar de contidos teóricos.

Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos arquitectónicos de prestigiosos arquitectos/arquitectas ou elementos que se consideren axeitados, cuxos procesos de formalización sexan claros e definibles, co obxecto de que o alumnado vaia formando unha cultura arquitectónica.

Todos os exercicios son obligatorios entregándose na misma sesión do obradoiro.
85
Proba práctica A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B4 B5 B12 C6 C7 A superación da materia na primeira oportunidade será o resultado de avaliación continua. A calificación do curso quedará definida do seguinte xeito:

35% prácticas semanais
50% prácticas especiais. Será necesario alcanzar unha calificación de 5 en cada unha delas.
15% traballo CAD

1ª OPORTUNIDADE (XANEIRO)

Realizarase unha proba final en xaneiro para todos os/as alumnos/as que a pesar de seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado na primeira oportunidad ou non superen algunha das prácticas especiais. Neste caso poderase presentar únicamente á que teña suspensa.

Deben cumplir as condicións seguintes:
- 80% asistencia e entrega de todas as prácticas semanais.
- Entrega do traballo en CAD

A cualificación mínima da proba para superar a materia será de 5 puntos sobre 10. A nota final será resultado da proba práctica e do traballo desenvolvido ao longo do curso.

2ª OPORTUNIDADE (XULLO)

Realizarase unha segunda proba final en xulio para todos os/as alumnos/as que a pesar de seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado na primeira oportunidad. Esta proba comprenderá todos os contidos da materia.

Deben seguir cumplindo as condicións seguintes:
- 80% asistencia e entrega de todas as prácticas semanais.
- Entrega do traballo en CAD

A cualificación mínima da proba para superar a materia será de 5 puntos sobre 10. A nota final será resultado da proba práctica e do traballo desenvolvido ao longo do curso.
0
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B1 B4 B5 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Formularanse traballos en grupo que deberán desenvolver a man alzada e en CAD e TICS.

As horas presenciais correspondentes a esta metodoloxía dedicaranse á formulación do traballo, a unha serie de clases teóricas, e ao seguimento colectivo e/ou personalizado de dito/s traballo/s proposto/s.
15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia na 1ª oportunidade e/ou 2ª oportunidad aquel alumnado que, de modo xustificado, non podan cumplir o 80% da asistencia e entregas de practicas e traballos tutelados, o profesorado definirá de xeito particularizado as condicions de avaliación. 

Medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial: non se contemplan, debido a que se trata dunha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental.  

Dispensa académica: non se contempla, por ser unha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental.

A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes