Sesión maxistral |
Configúrase a exposición de cada un dos temas que conforman o programa tomando como referencia básica o Manual de Radiocomunicacións recomendado.
NOTA: Con esta Metodoloxía, o alumno adquire as competencias da titulación: A11, A17, A18, A19, A20,A26, A29, C2, C3. |
Proba obxectiva |
A proba obxectiva consistirá nunhas preguntas de desenvolvemento conceptual e de desenvolvemento curto; en preguntas tipo test ou en ambos os tipos de proba á vez. Tanto o tipo de proba en concreto como a puntuación relativa dos diferentes tipos de preguntas en cada exame informarase os alumnos oportunamente con antelación. O contido das preguntas versará sobre as materias impartidas en clase e sobre as que se achegará ao alumno material suficiente para a súa superación.
Tamén terase que realizar unha serie de tarefas relacionadas coa materia, cuxa nota será engadida á da proba obxetiva.
|
Prácticas de laboratorio |
Os alumnos divídense en grupos reducidos para realizar as prácticas obrigatorias no Simulador de Comunicacións TRANSAS onde levan a cabo escenarios que permiten asimilar de modo práctico os conceptos teóricos referentes a materia.
NOTA: Con esta Metodoloxía, o alumno adquire as competencias da titulación: A11, A17, A18, A19, A20,A26, A29, A37, B2, B4, B11, B12, C2, C3. |
Actividades iniciais |
A primeira clase do curso académico dedicarase a unha serie de actividades nas que se presentará a materia aos alumnos e tratarase de determinar as competencias, intereses e motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos para alcanzar. |