Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas |
Grao en Náutica e Transporte Marítimo |
Asignaturas |
Maritime Radiocommunications (Comunicacións Radiomarítimas) |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Maritime Radiocommunications (Comunicacións Radiomarítimas) | Código | 631G01307 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A10 A11 A17 A18 A19 A20 A26 A29 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B18 B19 C3 C9 | O alumno terá a opción de aprobar esta parte da materia por curso sempre que asistise a un 80% das clases maxistrais. Aqueles alumnos que teñan o Certificado de Operador Xeral do GMDSS considéraselles aprobada a materia cunha nota de 5.0. Con todo calquera alumno nesta situación pode asistir a clase e presentarse aos examenes para subir esta nota mínima. A proba obxectiva consistirá nunha serie de preguntas curtas de concepto, nunha proba tipo test, ou ben nunha combinación dos dous sistemas de probas anteriormente mencionadas, nese caso, a profesora fixará con antelación os criterios específicos de valoración para cada unha das partes. Será preciso a realización de distintas tarefas relacionadas coa materia, a nota acadada será engadida á acadada na proba obxetiva. Para aprobar por curso, será necesario obter unha nota media de 5.0. |
80 |
Prácticas de laboratorio | A11 A17 A18 A19 A20 A29 A37 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B11 B12 B18 B19 C3 C9 | SIMULADOR DE COMUNICACIÓNS: Para aprobar esta parte da Materia será necesaria unha asistencia mínima do 80% ás clases de simulación. A cualificación de cada alumno basearase na avaliación continua do Profesor na que terá en conta a destreza e interese do alumno en cada un dos exercicios propostos. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-II/1, A-II/2, A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e as súas emendas relacionados con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e realizar a súa avaliación. Esta materia inclúe os contidos correspondentes ao curso de especialidade "Operador Xeral do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (GMDSS) "(132h) establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 78/95/10, con arranxo ao curso modelo OMI 1.25. Para a obtención do certificado de especialidade "Operador Xeral do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (GMDSS)" é necesaria a superación desta materia. alumnado con dedicación completa: asistencia /participación nas tarefas correspondentes ás prácticas mínimo 80% B)alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (arts.2.3;3.b e 4.5)(29/5/212): asistencia/participación nas tarefas correspondentes ás prácticas mínimo 80%. superación da proba obxectiva. De non poder asistir ás sesións maxistarais acordarase coa profesora titorías. "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria". |
|