Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Manobra II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación oral dos temas que compoñen a materia, buscando tamén a participación activa do alumnado.
Algúns contidos pódense desenvolver en inglés.
Como soporte poderíase utilizar presentacións en Power Point, software técnico (CAD, Maxsurf, etc) e vídeos.
Será necesaria a unha asistencia mínima do 80% para cualificar a Avaliación Continua.
A falta de puntualidade pode ser motivo para non ser aceptado na aula.
Obradoiro Aplicación práctica das Sesións Maxistrais.
Resolución de problemas (fórmulas, cálculos).
Análise de casos prácticos.
Poderá aplicarse algún Xogo de Rol para a explicación de actuacións reais a bordo e o uso das Standard Marine Communication Phrases.
Traballos tutelados Un exemplo de Traballo Tutelado pode ser a aplicación dos contidos da materia no desenrolo dun caso práctico de Plan de Viaxe.
Proba mixta Consistirán en probas, xeralmente escritas, que constarán de preguntas teóricas (proba de ensaio, resposta breve, etc) e de preguntas prácticas (cálculos, gráficos de maniobras, etc).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes