Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Manobra II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A14 A15 A17 A19 A21 A30 A35 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B14 B15 B16 B22 C6 C9 C10 Para ter o dereito a avaliación continua, será necesario como mínimo un 80% da asistencia ás clases presenciais.

Cada Proba Mixta constará de preguntas teóricas (proba de ensaio, resposta breve, etc) e de preguntas prácticas (cálculos, gráficos de maniobras, etc).
70
Traballos tutelados A10 A14 A15 A17 A21 A30 A35 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B14 B15 B16 En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica cos requerimentos do traballo.
- A exactitude dos cálculos empregados.
- A profundidade do contido.
- O dominio dos conceitos utilizados.
- O uso correcto da terminoloxía propia da materia.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.

Un exemplo de Traballo Tutelado pode ser a elaboración dun caso práctico de Plan de Viaxe, tendo en conta para o seu desenrolo temas relacionadas coa asignatura.
30
 
Observacións avaliación

Convenio  STCW 2010: Os criterios de avaliación
contemplados no cadro A-II/1 do Código 
STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta
á hora de deseñar e realizar a avaliación.

Para ter o dereito a avaliación continua, será necesario como mínimo un 80% da asistencia ás clases presenciais. 

A cualificación da Avaliación Continua consistirá en Proba Mixta (70%) e Traballos Tutelados (30%). A nota de final da Proba Mixta será a media das diferentes Probas Mixtas que se poidan desenvolver durante o curso. Para que estas probas fagan media entre se será necesario unha nota mínima de 4 de cada unha. Dita media das Probas Mixtas será o 70% da cualificación da Avaliación Continua. Se soamente realízase unha Proba Mixta, a nota desta será o 70% da cualificación da Avaliación Continua. Cada Traballo Tutelado terá unha ponderación que dependerá da súa extensión. Durante o curso o profesor definirá dita ponderación. A nota media final dos Traballos Tutelados será o 30% da cualificación da Avaliación Continua. Se soamente realízase un Traballo Tutelado, a nota deste será o 30% da cualificación da Avaliación Continua.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo establece a "Norma que Regula o Réxime de Dedicación ao Estudo dos Estudantes de Grao na UDC”), poderá acollerse á Avaliación Continua sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais. Para iso, estes/as alumnos/as informarán debidamente o profesor, ao principio do curso, da devandita situación de dispensa académica e así como da súa dispoñibilidade horaria de asistencia. Á marxe do Traballo Autónomo que consta nesta Guía Docente, o profesor poderá encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ao longo do curso para ser expostos ou resoltos en horario de titorías.

O
alumnado que non siga o curso presencial (asistencia menor do 80%), ou que non
supere a Avaliación Continua, poderase presentar ás convocatorias finais de
xaneiro e xullo. A avaliación destas convocatorias consistirá nunha Proba Mixta
que constará de preguntas teóricas (proba de ensaio, resposta
breve, etc) e de preguntas prácticas (cálculos, gráficos de maniobras, etc). Os
contidos destas Probas Mixtas poderán abarcar calquera contido da materia. Dita
proba mixta supoñerá o 100% da cualificación desa convocatoria. Para esta proba
será necesario dispor de calculadora, escuadra, cartabón, medidor de ángulos e
compás.

Espérase un comportamiento
ético o longo do curso. O uso de equipos ou materiais non permitidos nos exames,
copiar as respostas por algún medio non autorizado ou o plaxio conlevarán una
nota de 0 na avaliación final da materia.

O descoñecemento
dalgúns conceptos básicos pode ser eliminatorio. Durante o curso iranse citando
cales son.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes