Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Xestión de Empresas Marítimas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A45 B3 B21 B22 C4 C5 C10 O traballo recollido no portafolio así como a súa organización e presentación avaliarase atendendo a unha rúbrica e calificarase sobre 10 puntos. Será preciso acadar polo menos un 5/10 para que a nota faga media cas demáis actividades e traballos da asignatura. 20
Traballos tutelados A45 B3 B14 C4 Consistirá no deseño e desenvolvemento dun plan de empresa dunha empresa marítima e a súa presentación oral. Calificarase mediante unha rúbrica e puntuarase sobre 10 puntos. Será preciso obter 5 puntos sobre 10 para que faga media co resto dos resultados. 60
Proba obxectiva A45 B3 B14 B16 B21 B22 C4 C5 C10 Consistirá nunha proba escrita sobre os contidos das actividades e prácticas plantexadas no aula e a análise dun texto relacionado co entorno da empresa marítima empregando as ferramentas de diagnóstico de entorno da empresa empregadas nas actividades e prácticas feitas o longo da asignatura. 20
 
Observacións avaliación

O alumnado que vaia facendo e entregando as actividades expostas na aula e, ou, no campus virtual, nos prazos indicados polo profesor, será avaliado de forma continua atendendo as metodoloxías descritas na guía docente.

No caso de presentarse máis dunha actividade fora do prazo de entrega indicada polo profesor ou non entregarse, o alumnado será avaliado mediante unha proba obxectiva final en xuño.

Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle requirirá unha asistencia mínima para poder presentarse aos exames nin tampouco para poder entregar o portafolio ou os traballos tutelados, pero deberá acordar co docente unha serie de titorías (presenciais ou non presenciais) o longo do curso para acreditar o seguimento da materia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a culificación de suspenso "0"
na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes