Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Códigos e Convenios Internacionais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A10 A11 A46 B9 B13 B14 B20 C4 C8 O traballo recollido no portafolio así como a súa organización e presentación avaliarase atendendo a unha rúbrica e calificarase sobre 10 puntos. Será preciso acadar polo menos un 5/10 para que a nota faga media cas demáis actividades e traballos da asignatura. 25
Proba obxectiva A10 A46 B2 B3 B14 B20 Consistirá nunha proba escrita sobre os contidos das actividades e prácticas plantexadas no aula e a análise dun comentario sobre un convenio e ou código internacional. 20
Traballos tutelados A11 A46 B2 B3 B24 C7 Consistirá na avaliación da aplicación dun ou varios códigos ou convenios na actualidade e a presentación dos resultados de forma oral. Calificarase mediante unha rúbrica e puntuarase sobre 10 puntos. Será preciso obter 5 puntos sobre 10 para que faga media co resto dos resultados. 55
 
Observacións avaliación

O alumnado que vaia facendo e entregando as actividades expostas na
aula e, ou, no campus virtual, nos prazos indicados polo profesor, será
avaliado de forma continua atendendo as metodoloxías descritas na guía
docente.

No caso de presentarse máis dunha actividade fora do
prazo de entrega indicada polo profesor ou non entregarse, o alumnado
será avaliado mediante unha proba obxectiva final en xuño.

Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle requirirá unha asistencia mínima para poder presentarse aos exames nin tampouco para poder entregar o  portafolio ou os traballos tutelados, pero deberá acordar co docente unha serie de titorías (presenciais ou non presenciais) o longo do curso para acreditar o seguimento da materia.

A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
culificación de suspenso "0" na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes