Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática Aplicada
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas As clases maxistrais combinaranse coa resolución de problemas por parte do alumnado. Esta será a metodoloxía mais potenciada durante o curso, e usarase durante o traballo non presencial do alumnado.
Os problemas propostos estarán relacionados coa clase maxistral anterior. Os exercicios que o alumnado resolva deberá entregalos no Campus Virtual antes de que remate o prazo de entrega. Para aqueles exercicios de maior dificultade para o alumnado se lle poderá proporcionar un prazo moito más longo, que rematará preto do final do cuadrimestre.
Proba mixta O alumnado que non acade unha nota mínima de 5 cos problemas e traballos propostos ao longo do cuadrimestre terá dereito a ser avaliado por medio dunha proba mixta, na que terá que resolver problemas similares aos propostos ao longo do curso.
A proba desenrolarase facendo uso do Campus Virtual e Teams.
Traballos tutelados Proporase ao alumnado a creación dunha aplicación de carga para un barco que poderá ir desenvolvendo ao longo do cuatrimestre, incorporando nela os coñecementos adquiridos durante as sesións maxistrais.
Aprendizaxe colaborativa O alumnado usará o almacenamento na nube para compartir materiais da clase, e terá que crear un perfil nunha rede social que lle poida facilitar a busqueda de traballo e contactos profesionais. Tamén terá que contribuir nun blog con algunha aportación propia.
Sesión maxistral As sesións desenvolveránse a través de Teams e complementaranse con vídeos en Sharepoint. A semana anterior á exposición dun tema, o profesor colgará os contidos no Campus Virtual. proporcionándoselle ao alumno ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema. Despois da exposición do tema, os conceptos básicos serán traballados individualmente en ordenador por parte do alumnado contando coa asistencia do profesorado, podendo facer uso dos escritorios virtuais VDI.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes