Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática Aplicada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B2 B5 B8 B10 B12 B15 B16 B19 B22 C3 A resolución de problemas por ordenador relacionados cos contidos das clases maxistrais valorarase ata un máximo de 30 puntos.
Os exercicios entregados fora de prazo valoraránse ao 50%.
30
Traballos tutelados A22 A31 A32 B2 B5 B8 B10 B12 B15 B16 B19 C3 O desenvolvemento dunha aplicación de carga valorarase ata un máximo de 50 puntos. 50
Aprendizaxe colaborativa B6 B8 B12 B19 B22 C3 C7 C8 C13 A participación activa nunha rede social profesional valorarase ata un máximo de 10 puntos.
A participación nun blog da materia valorarase ata un máximo de 10 puntos
20
 
Observacións avaliación

O alumnado ten dúas posibilidades de avaliación:


1. AVALIACIÓN CONTINUA. Mediante esta via, o alumnado ten a posibilidade de superar a materia por curso mediante a presentación dunha aplicación de carga, a resolución de problemas, a participación nunha rede social e nun blog. No caso de acadar máis de 50 puntos, non terá que facer a proba mixta final da 1ª oportunidade.

2. PROBA MIXTA FINAL. Esta via aplicarase cando o alumno non acade un mínimo de 50 puntos ao longo do cuadrimestre. Neste caso o alumno examinarase do temario completo, e o 100% da nota virá de esta proba obxectiva.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

- Asistencia/participación nas actividades de clase mínima: pode ser compensada co desenvolvemento a distancia (embarcado) da aplicación de carga, realizando as titorías por videoconferencia con Teams e facendo uso do Campus Virtual e os escritorios virtuais VDI

- Para a resolución de problemas e participación na rede social e no blog se ampliarán os prazos de entrega.

- Cualificación: aplicaranse os mesmos criterios.

Os criterios de avaliación contemprados no cadro A-III/6 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teránse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación. 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes