Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Investigación de Accidentes Marítimos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B9 B13 C12 Para optar a Avaliación Continua haberá que xustificar un mínimo do 80% de asistencia. 60
Traballos tutelados A10 A40 A41 A42 A44 B2 B3 B9 B13 B14 B20 B24 C4 C6 C11 Os Traballos Tutelados poderían consistir na elaboración dun borrador dun Informe de Investigación dalgún sinistro proposto ao/á alumno/a, ou o estudo dun sinistro a partir do Informe Oficial.

En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica cos requirimentos do traballo.
- A exactitude dos cálculos empregados.
- A profundidade do contido.
- O dominio dos conceitos utilizados.
- O uso correcto da terminoloxía propia da materia.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
40
 
Observacións avaliación

Para ter o dereito a
avaliación continua, será necesario como mínimo un 80% da asistencia ás clases
presenciais. A nota final da Avaliación Continua será dun 60% de Proba Mixta e
un 40% de Traballo Tutelado.

O alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
(segundo establece a "Norma que Regula o Réxime de Dedicación ao Estudo
dos Estudantes de Grao na UDC”), poderá acollerse á Avaliación Continua sen necesidade
de asistir o 80% das clases presenciais. Para iso, estes/as alumnos/as
informarán debidamente os profesores, ao principio do curso, da devandita
situación de dispensa académica e así como da súa dispoñibilidade horaria de
asistencia. Á marxe do Traballo Autónomo que consta nesta Guía Docente, os
profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas
ao longo do curso para ser expostos en horario de titorías.

O alumnado que non siga o
curso presencial (asistencia menor do 80%), ou que non superase a Avaliación
Continua, poderase presentar ás convocatorias finais de xaneiro e xullo. A
avaliación destas convocatorias consistirá nunha Proba Mixta que poderá
integrar preguntas tipo de probas de ensaio, preguntas abertas de desenvolvemento,
de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de
completar e/ou de asociación. Os contidos destas Probas Mixtas poderán abarcar
calquera contido da materia. Dita Proba Mixta supoñerá 100% da cualificación
desa convocatoria.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes