Aqueles alumnos que non participen da evaluación continua da materia o longo do curso (asistencia o 80% de clases maxistrais) realizarán unha proba final de carácter global. Para presentarse a esta proba e obrigatoria a entrega dos exercios do portafolio e do traballo tutelado. Esta proba estará composta de tres partes con valoración independente (o que supon a necesidade de superar cada unha das partes) proba escrita (50%), listening (25%), proba oral que consiste na presentación do traballo tutelado (25%).
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias, facendo uso do sistema TEAMS si fora procedente a xuizo do profesor.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.