Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Ciencias Empresariais |
Asignaturas |
Mercado de Traballo na Perspectiva Histórica |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Mercado de Traballo na Perspectiva Histórica | Código | 650G01038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A1 A3 A5 A9 A11 A17 A19 A21 A22 A24 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 | Unha ao final do curso. Realizarase en período de exames | 30 |
Presentación oral | C1 C2 | Valorarase o traballo ao longo do curso; o cumplimento da axenda de traballo; o seu grao de dificultade, o dominio do tema e a habilidade na comunicación oral. | 50 |
Obradoiro | A20 B1 B4 B5 B9 B11 C3 C4 C6 | Varios ao longo do curso, sobre as lecturas programadas. Valorarase en gran medida o esforzo persoal e a aprendizaxe continua. A súa avaliación comprende a lectura previa correspondente. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Normativa de avaliación: Queda prohibido acceder á aula de exames/probas con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. É necesario que cada alumno que desexe realizar as probas se identifique correctamente co DNI na aula na que se vaia realizar a proba. A cualificación de non presentado corresponde ao alumno cando só participe en actividades que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación acadada. Alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e exención académica de exención de asistencia: agás as datas aprobadas pola Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, acordarase ao comezo do curso un calendario específico compatible coa súa dedicación para o resto do curso. actividades.sempre que ese calendario estea integrado na franxa horaria lectiva da clase desta materia. O alumno que se atope nestas circunstancias deberá poñerse en contacto co seu profesorado vía correo electrónico antes do 5 de outubro de 2022. Para a segunda oportunidade e a convocatoria avanzada mantéñense as cualificacións da avaliación continua (obradoiros, exposición oral) obtidas no primeiro cuadrimestre, que se sumarán á nota da segunda oportunidade ou do exame avanzado, segundo corresponda. Non obstante, se así o desexa, o alumno poderá substituír a cualificación da avaliación continua (exposición oral e obradoiro = 70% da nota) pola realización de dúas probas complementarias ao exame: unha sobre o contido dalgunhas das lecturas traballadas na clase ( 35% da nota final) e outra consistente na análise dunha táboa ou gráfico con datos sobre algunha parte dos contidos desenvolvidos na clase (35% da nota final). No caso de optar por esta segunda posibilidade, a nota obtida substituirá en todo caso (sexa superior ou inferior) á nota obtida no curso nas dúas actividades de avaliación continua mencionadas (exposición oral e obradoiro). Normativa de avaliación: Outras observacións: Para aprobar a materia, o alumno deberá obter polo menos 50 puntos sobre un total de 100. O alumnado debe consultar a plataforma virtual da materia (moodle), onde os seus profesores colocan a información máis relevante sobre a mesma, e con frecuencia. Ademais, os estudantes deben cargar unha foto actualizada no seu perfil de moodle para a identificación adecuada. Recoméndase a asistencia dende o primeiro día. Aqueles alumnos que non poidan asistir ás probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados correspondentes para os supostos contemplados pola normativa académica -caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar a mesma noutra ocasión en que se comunicadas tendo en conta o disposto na normativa académica A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase en formato pdf a través da plataforma Moodle nas condicións que o profesorado indicará ao comezo do curso. Cada obradoiro terá unha avaliación única para cada alumno que o realice. O conxunto deste tipo de actividades pesa un 20% na cualificación final. Así mesmo, establecerase unha data para a presentación dos traballos orais antes do 30 de setembro de 2022 ao final do cuadrimestre, que tamén será única para cada alumno, salvo causa xustificada. |
|