Recoméndase asistencia á clase co maior grado de participación posible. Utilización da bibliografía recomendada no programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario.

En relación con outros aspectos relativos ás recomendacións, cítanse os seguintes:

1. A
entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.
Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

b.
Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais.

3.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso
axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria