Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  CINESITERAPIA XERAL
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 Os contidos abordados tanto nas prácticas como nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión e de traballos tutelados. Con todo, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, a puntualidade, a actitude, e a participación razoada. 10
Proba práctica A2 A3 C1 Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. 30
Proba obxectiva A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C9 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
60
 
Observacións avaliación

A ponderación da materia será dun 70% da parte teórica e  dun 30% a parte práctica. É imprescindible acadar un aprobado en ambas partes para proceder á ponderación das notas. A parte superada na primeira oportunidade gardarase ata a oportunidade de xullo cando a parte suspensa acade un 4. Se a nota da parte suspensa é inferior a 4, o alumnado terá que repetir as 2 partes (teoría e práctica) en xullo.

1. Para aprobar a parte teórica haberá que superar a nota de 5 en cada unha das partes nas que se divida a proba obxectiva: test, preguntas curtas e pregunta longa. A porcentaxes de cada parte na nota global da parte teórica serán de: test 20%, curtas 40%, longa 40%.

1.1 Se nalgunha das partes da proba obxectiva hai 1/3 de preguntas respostadas en branco e/ou cunha nota inferior a 4, esa parte considérase non apta e suspensa. 

2. Para aprobar a parte práctica haberá que acadar un 5 en todas as preguntas da proba práctica.

3. A nota da avaliación continua soamente se contabilizará cando a parte teórica e a práctica estean aprobadas.

4. Farase un seguimento da asistencia e participación por parte dos estudantes ás prácticas de laboratorio.

5. Os contidos abordados tanto nas prácticas como nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión e/ou estudos de caso para a avaliación contínua.

CASOS NOS QUE NON SE APLICA A MEDIA PONDERADA:

- Estudantado cunha parte aprobada e a outra parte suspensa. A nota da asignatura no expediente será a da parte suspensa.

- Proba obxectiva (parte teórica): Cando se acade unha nota menor a 5 ou un non apto en calquera das partes da proba obxectiva. A nota que se asignará ao global da proba obxectiva será 4.

- Proba práctica (parte práctica): Cando non se acade un 5 en calquera das preguntas da proba práctica. A nota que se asignará ao global da proba práctica será 4.

Con todo, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, a puntualidade, a actitude, e a participación razoada.

A porcentaxe da parte teórica e da parte práctica en conxunto nunca será inferior a un 70% e a porcentaxe da parte de avaliación continua nunca será superior a un 30%.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do PlanGreen Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes