Para o alumnado asistente á materia (> 80% das sesións), o exame (proba de resposta breve) computará un 40% sobre o total da avaliación. Os traballos tutelados, recensións, discusións e análise de fontes documentais constituirán o 60% restante da cualificación final.
No caso do alumnado con recoñecemento de dispensa académica, o exame (proba de resposta breve) constituirá o 100% da cualificación. Neste exame non só entrarán os contidos teóricos da materia, senon tamén os desenvolvidos nos traballos tutelados, recensións, discusións e análise de fontes documentais que se plantexaran ao longo do curso.
OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:
1. Para superar a materia cómpre obtener unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (parte práctica e exame).
2. A convocatoria de xullo (2ª oportunidade) estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio (1ª oportunidade).
3. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico.
Así, será cualificado como “Non presentado” cando:
a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou
b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación.
4. No
relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a
cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de
material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen
indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu
autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". Dacordo con esta
norma, a realización fraudulenta de calquera actividade obxecto de avaliación
implicará a cualificación de "0" (Suspenso) na convocatoria vixente.