O proceso de avaliación consta de dúas fases. En primeiro lugar, o titor/a
de o centro deberá emitir unha valoración sobre o desenvolvemento das prácticas
que supoñerá un 45% da nota final. Se o informe é favorable, o titor/a de a
universidade valorará a memoria -45%- e a participación en xornadas/reunións
-10%-.
No caso de non alcanzar unha valoración de 5 por parte do titor/a do
centro ou do titor/a da universidade, a nota final será a nota da parte non
superada. Non presentar a memoria, tendo valoración favorable por parte do
titor/a do centro, suporá unha cualificación final de suspenso 4.
En caso de superar a valoración do titor/a de o centro de prácticas, a cualificación gardarase para o seguinte curso académico.
Para a cualificación da memoria teranse en conta os seguintes aspectos:
- Cuestións formais (10%)
- Proposta de acción (60%)
- Reflexión do proceso e implicacións educativas (30%).
O alumnado con exención académica para a asistencia terá que realizar as practicas presenciais para superar a materia. En calqueira caso, contemplase a posibilidade de convalidar esta materia xustificando experiencia docente específica en Educación Primaria ou Infantil, sendo imprescindible a solicitude de recoñecemento de créditos ao inicio do curso.
Importante: Na memoria do practicum considerarase a corrección da expresión e da ortografía. Por outra banda, o plaxio será a causa da suspensión da actividade avaliada, en coherencia co artigo 14.4 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE GRADOS DE ESTUDOS DE BACHARELATO E MÁSTER, aprobadas polo Consello de Goberno o 19 de decembro de 2013 e modificadas o 29 de xuño de 2017.