A materia “Atención á diversidade na educación física” forma parte dos estudos do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria no itinerario de Educación Física. Trátase dunha materia obrigatoria de 4 créditos, o que representa 100 horas de traballo do estudantado. Esta materia facilitará ao alumnado o coñecemento de diferentes conceptos relacionados coa diversidade nas aulas así como as claves para desenvolver proxectos inclusivos na educación física. Así mesmo analizaranse os diferentes retos que se presentan para alcanzar a plena inclusión na materia de educación física en educación secundaria.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías