Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Formación profesional e mercado laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A18 A34 C6 O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral 30
Portafolios do alumno A16 A17 A18 A31 A34 C3 C4 C7 O portafolio estará formado polos traballos realizados na clase e que están relacionados co estudo de caso, así como un informe final das aprendizaxes adquiridas no que se reflictirá: Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín/ en que seguir formándome); Relación/vinculación das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no máster; Aspectos da materia para observar no Practicum; Reflexións sobre o traballo en grupo (estudo de caso) e aprendizaxes realizadas, avaliando o funcionamento do grupo e aos seus participantes; Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar 30
Proba de ensaio A16 A17 A18 A29 C4 C7 O alumnado desenvolverá un ensaio sobre os contidos teóricos abordados na materia. 40
 
Observacións avaliación
ASISTENCIA
 A asistencia ás aulas é  obrigatoria.

A asistencia xustifícase en base a que nas clases  se  realizan actividades necesarias para  aprobar a materia.  
Aquelas persoas con dispensa académica  solicitarán unha titoría, antes do inicio da materia, para  establecer o réxime de asistencia  as actividades a realizar, o sistema de avaliación, e o proceso de supervisión e seguimento. O alumnado con dispensa académica terá que asistir  como mínimo ao 50% das aulas (14 horas de  28) .
O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado na clase. O alumnado que non asistan ó 80% das horas de clase terá unha cualificación de non presentado. O alumnado que non presente todos os traballos da materia terá unha cualificación de non presentado. 

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 
 A cualificación final será o resultado da puntuación obtida nas tres actividades de avaliación,  sendo indispensable para superar a materia obter a metade da cualificación en cada unha delas.   
Se non se acada o 80% da asistencia e/ou non realiza unha das tres  actividades a cualificación será   de NP.
 
Na segunda oportunidade realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula. A corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames é  unha condición imprescindible para superar a materia. 
 PLAXIO
 O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso.
 No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento"..

 FALSIFICACIÓN DA SINATURA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua. 
 NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes