ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha
de pendurar unha foto actual no seu perfil de moodle. COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar
impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos
comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados
os traballos entregaranse en formato dixital. CARGA DE TRABALLO A
realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación de
216 horas de traballo fora da aula. Polo tanto, cómpre unha boa planificación e
xestión do tempo. |