Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC C3 C6 C7 A creación do marcador social é grupal. Os criterios de avaliación son o número de recursos incorporados, as etiquetas utilizadas para a súa clasificación e o nivel de descrición e valoración dos recursos incorporados. O peso na cualificación é de 0,4 puntos.
A construción da contorna persoal de aprendizaxe é individual, o peso na cualificación é de 0,6 puntos.
Os criterios de avaliación e cualificación para cada unha das tarefas recóllense en sendas matrices de valoración que se presentan o primeiro día de clase.
10
Presentación oral A25 C1 C3 C6 Todas as persoas do grupo expoñen as experiencias analizadas. A cualificación das presentacións vai ser outorgada polo alumnado a partir da valoración dos criterios recollidos nunha escala de valoración.
10
Portafolios do alumno A25 A26 C1 C6 C7 O portafolio ten unha parte individual e unha parte grupal, elaborada a partir dunha posta en común. A parte individual puntúa até 60 puntos e a grupal 20. Os criterios para a primeira son os seguintes:
- Selección (variedade, relación coa FP e coas materias e funcións orientadoras do profesorado de FOL, transferibilidade e valoración das fontes utilizadas)
- Descrición das experiencias conforme os criterios previamente fixados.
- Valoración das experiencias e da súa transferibilidade.

Para a parte grupal os criterios son:
- Concepto de innovación, dimensións, concreción para a FP e as materias da especialidade e fontes utilizadas.
- Valoración conxunta das aprendizaxes adquiridas e das experiencias.
- Coñecemento e valoración das experiencias do resto dos grupos.
- Creación artefacto dixital para a difusión das experiencias, caracterización e valoración síntética das experiencias.

80
 
Observacións avaliación
CUALIFICACION FINAL E REQUERIMENTOS PAR APROBAR
A cualificación final será o resultado das puntuacións obtidas nas tres actividades. Para superar a materia é indispensábel realizar as tres actividades e obter a metade da cualificación no portafolio.  
PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN

Unha das premisas é que o alumnado participe na avaliación, consensuando os criterios de cualificación e sendo axente de avaliación a través de procedementos de auto e coavaliación. Por esta razón, os criterios de cualificación poden ser modificados.

SEGUNDA OPORTUNIDAE

Na segunda oportunidade  realizarán as  actividades non superadas ou non realizadas. 

ALUMNADO CON   DISPENSA ACADÉMICA

Para este alumnado  rixe o mesmo sistema de avaliación, coa excepción de que todas as actividades son individuais. Para este alumnado a asistencia non é obrigatoria e deberá de asistir obrigatoriamente a dúas titorías. 


INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de documento deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7ª edición. Co objectivo  de visibilizar as autoras, a inicial do nome  debe substituirse polo nome completo, tanto en autores  como en autoras.

Plaxio

O plaxio nas actividades de avaliación será motivo de suspenso. Así se recolle no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC : “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes