Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en linguas estranxeiras
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A28 C2 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
30
Investigación (Proxecto de investigación) A23 A28 C7 C8 Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. 40
Presentación oral C2 C3 C4 C6 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 30
 
Observacións avaliación

Alumnado asistente

Para superar a materia na convocatoria ordinaria, o
alumnado deberá asistir ao 80% das sesións presenciais e será necesario que
superen cada un dos items de avaliación que se indican a continuación. Se non,
non se fará a media.

1. Presentación oral                  30

2. Proxecto de investigación      40

3. Proba obxectiva                   
30

Alumnado con
dispensa académica

Os estudantes cunha exención académica (exención de
asistencia) solicitada ao Decano de xeito oportuno poderán ser avaliados na
convocatoria ordinaria. Para iso, deberán aprobar cada un dos elementos de
avaliación que se indican a continuación. Se non, non se fará a media.

1. Presentación oral                  30

2. Proxecto de investigación      40

3. Proba obxectiva                    30
(esta proba é diferente)

Outros casos

Aqueles estudantes que non asistan ao 80% das sesións
presenciais ou non superen a materia na convocatoria ordinaria serán avaliados
na convocatoria extraordinaria de xullo polo mesmo método proposto para
estudantes con exención académica.

Como consideración xeral, teranse especialmente en conta
as deficiencias ortográficas na puntuación e acentuación (se é o caso), así
como a escritura inconexa ou inadecuada, unha mala presentación, etc., tanto
nos exames como nos traballos. Todo isto suporá a redución de puntos na nota
obtida.

No caso de detectar plaxio nas probas de avaliación, a
nota axustarase ao disposto no artigo
14.4. das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos universitarios de grao e máster *.
Nesta materia, se os profesores
detectan plaxio nalgunha das probas, significará un 0 na nota final. En caso de
reiteración, trasladarase á Comisión Académica para que tome as medidas
oportunas.

* "Na realización de obras, o plaxio e o uso de material non orixinal,
incluído o obtido a través de internet sen indicación expresa da súa orixe e,
se é o caso, do permiso do seu autor, pódense considerar causa da cualificación
de suspenso na actividade. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que podería haber lugar despois do correspondente
procedemento ".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes