Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Xogos motores |
Contidos |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Xogos motores | Código | 652G01030 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
BLOQUE 1: FUNDAMENTOS TEÓRICOS DO XOGO | Este bloque está formado por temas que abordan a parte teórica da materia. |
Tema 1. Marco conceptual do xogo motor. | - Concepto e características do xogo. |
Tema 2. Fundamentos teóricos do xogo. | - Diversos enfoques que xustifican a presenza do xogo na infancia. |
Tema 3. O xogo na Educación Infantil e a evolución das suas formas. | - A evolución do xogo na etapa infantil e a súa relación coa motricidade. |
Tema 4. O xogo motor no currículo da Educación Infantil. | - Análise do xogo no currículum de Educación Infantil. - O emprego do xogo para o desenvolvemento motor en idade infantil. |
Tema 5. O xogo motor e a sua didáctica. | - Didáctica e metodoloxía do xogo. - Organización de espazos lúdicos. - Xogo e programación. |
BLOQUE 2: PROPOSTAS DE INTERVENCIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES FÍSICAS A través DO XOGO |
Neste bloque abordaranse as diferentes temáticas a través de dúas formas: - por medio de sesións teórico-prácticas dirixidas pola docente; - por medio de prácticas dirixidas polo alumnado aos seus compañeiros e compañeiras e observadas pola docente. |
Tema 6. Propostas prácticas de intervención a través do xogo motor. |
Abordaranse diversas propostas de carácter práctico tanto en entornos ao aire libre como en espazos grandes de interior. Sirvan de exemplo o emprego de: - Xogos para o desenvolvemento da creatividade. - Xogos para o desenvolvemento das habilidades motrices básicas. - Propostas lúdicas para o traballo sensorial. - Xogos para o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices. - Xogos motrices a través do conto, a danza e as cancións. - Xogos motrices e emprego de recursos didácticos e materiais alternativos. - Instalacions de xogo. - Propostas lúdicas con pezas soltas. - Xogos de representación e expresión, entre outras propostas. |
|