Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua castelá e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os alumnos e alumnas utilizarán documentos bibliográficos e audiovisuais proporcionados polos docentes para completar as sesións maxistrais e apoiarse nas sesións interactivas e nos traballos tutelados.
Sesión maxistral As exposicións orais, xunto cos esquemas en formato presentación, do profesorado servirán como guía de estudo da materia.
Traballos tutelados Os traballos tutelados serán dous:
- un de autoría individual, no que se deseña e expón unha proposta lúdica para a didáctica da lingua ou da literatura;
- outro de autoría colectiva consistente no deseño dunha proposta de educación fora da aula ou na natureza orientada ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado. Se as circunstancias o permiten, ofrecerase a posibilidade de que o traballo grupal revista a forma de proxecto de aprendizaxe-servizo.
Proba obxectiva Con esta proba preténdese determinar, de xeito obxectivo, tanto os coñecementos adquiridos polo alumno ou alumna durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua castelá, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes