Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A25 A26 A27 A28 A30 Valoraráse a adquisición dos coñecementos relevantes e a capacidade interpretativa do alumnado (análise e síntese, argumentación, crítica...) adquiridos ao longo do curso. 40
Prácticas de laboratorio A25 A27 A28 A29 B2 B14 B16 B17 B23 B25 C6 C7 C8 Valorarase a asistencia, participación no desenvolvemento da tarefa e a presentación de resultados, tanto en exposición oral como por escrito.
A avaliación deste apartado poderá realizarse por medio de diferentes metodoloxías, entre elas, a avaliación entre iguais baixo supervisión do/s docente/s.
20
Traballos tutelados A25 A26 A29 A30 B8 B9 B14 B15 B17 B25 C1 C4 Valorarase a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacions obxecto de estudo e, principalmente, a competencia para diseñar materiais didácticos. Ademais, de selo caso, valorarase a exposición oral dos traballos. 40
 
Observacións avaliación

NORMAS XERAIS DE AVALIACIÓN

Primeira oportunidade (Xuño):

A cualificación nesta oportunidade farase en función dos resultados obtidos nas seguintes avaliacións parciais:

1. Sesións interactivas e actividades prácticas de campo/laboratorio (20%):a asistencia e participación nestas actividades é obrigatoria. Se globalmente a asistencia/participación é inferior ao 80%, a cualificación neste apartado será 0. Estas actividades incluirán entregas obrigatorias que deberán realizarse nas datas fixadas ao longo do curso, a través da plataforma Campus Virtual.

2. Traballos tutelados (40%). Será avaliado un traballo individual que debe presentarse nas datas fixadas ao longo do curso, a través da plataforma Campus Virtual.

3. Proba escrita individual dos resultados da aprendizaxe (40%). Realizarase de forma presencial. Faranse dúas probas: a primeira abarcará a materia impartida no primeiro cuadrimestre e a segunda coincidirá coa data de exame fixada no calendario oficial de exames da facultade.

- Para o alumnado que supere a primeira proba (primeiro parcial con cualificación de 5 ou superior) a cualificación correspondente ao apartado “Proba escrita” será a media aritmética das notas obtidas en cada parcial. O aprobado estará condicionado a que a nota de cada parcial sexa igual ou superior a 5.

- O alumnado que no primeiro parcial teña cualificación inferior a 5 deberá realizar unha proba final na devandita data oficial, que incluirá toda a materia. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques.

- O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) os traballos tutelados deberá realizar unha segunda entrega na data sinalada polos docentes.

- O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) as actividades interactivas/prácticas deberá realizar, na data oficial de xuño, unha segunda proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos. A nota desta segunda proba será a súa cualificación de xuño nos apartados de sesións interactivas/actividades prácticas.

Para obter a cualificación de aprobado na materia nesta oportunidade de xuño será imprescindible obter unha nota de 5 ou superior en cada apartado (sesións interactivas/prácticas; proba escrita; traballos tutelados). Cumprida esta condición a nota final será a media ponderada das cualificacións dos distintos apartados.

A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada dos apartados suspensos.

Segunda oportunidade (Xullo):

O alumnado deberá realizar proba/s escrita/s de forma presencial.

- O alumnado que asistiu ao 80% das actividades interactivas/prácticas e que ten aprobados os traballos tutelados e as actividades prácticas, pero non superou a proba escrita individual, deberá realizar esta proba nas datas oficiais de xullo. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques.

- O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) os traballos tutelados deberá realizar unha nova entrega na data sinalada polos docentes.

- O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) as actividades interactivas/prácticas deberá realizar, na data oficial de xullo, unha segunda proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos. A nota desta segunda proba será a súa cualificación de xullo nos apartados de sesións interactivas/actividades prácticas.

- O alumnado que non superara en xuño nin os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/prácticas, nin a proba individual escrita terá que realizar todas as probas antes mencionadas na convocatoria de xullo, así como unha nova entrega do traballo tutelado.

Para obter cualificación de aprobado na oportunidade de xullo é necesario ter superado con nota de 5 ou superior cada unha das partes (a proba escrita individual, os traballos tutelados e as actividades interactivas-prácticas). A nota final será a media ponderada das cualificacións dos devanditos apartados.

A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada das notas suspensas.

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.

2. Terá dereito preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes nas sesións interactivas.

3. O resto da avaliación rexerase polo que establecen as "normas xerais de avaliación" desta guía docente.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde quelle fora concedido o recoñecemento.

2. A cualificación final na primeira convocatoria (maio/xuño) será o resultado das cualificacións obtidas nos seguintes apartados:

- Sesións interactivas/actividades prácticas (30%). O alumnado debe realizar de xeito individual (sen obriga de asistir a clase) as sesións interactivas das que consta a materia, tendo que cumprir obrigatoriamente un calendario de entregas que o docente lle entregará en dúas quendas correspondentes cos dous cuadrimestres (durante o primeiro mes de clases en cada caso), unha vez que o alumnado lle presente o certificado de recoñecemento de matrícula a tempo parcial e dispensa académica. A cualificación deste apartado está condicionada á entrega por parte do alumno das prácticas e seminarios e a súa avaliación positiva. Non se terán en conta os traballos entregados fóra de prazo ou avaliados negativamente. (100%de entregas con avaliación positiva: 3 puntos; menos de 80%: 0 puntos; e o resto das porcentaxes con puntuación proporcional).

- Traballos tutelados (30%). O alumnado terá que realizar, obrigatoriamente e de forma individual, dúas actividades academicamente dirixidas (AAD) e terá que entregalas subíndoas ao Campus Virtual, segundo o calendario establecido ao longo do curso. A cualificación deste apartado será a media ponderada das cualificacións obtidas en cada traballo. Para que se teñan en conta as cualificacións destas dúas actividades, é requisito imprescindible ter entregado cando menos un 80% das sesións interactivas/prácticas con avaliación positiva.

- Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe (40%). Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade de forma presencial ou, se as medidas de seguridade así o esixen, a través de Moodle e/ou medios telemáticos. Para obter unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter entregado cando menos un 80% das sesións interactivas/prácticas con avaliación positiva, e obter unha media de polo menos 5 sobre 10, tanto nos traballos tutelados como na proba individual global. No caso de que o alumno entregara cando menos un 80% das sesións interactivas/prácticas con avaliación positiva e non acade o aprobado, a súa cualificación corresponderá á parte suspensa.

A cualificación total no caso de superar a materia farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada dos apartados suspensos.

O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/prácticas deberá realizar, nas datas oficiais, unha segunda proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos. A nota desta segunda proba será a súa cualificación dos apartados de sesións interactivas/laboratorio e traballos tutelados. A avaliación para a "segunda oportunidade (xullo)" rexirase polas "normas xerais de avaliación" desta guía docente.

NOTA 1:

  • A cualificación das sesións interactivas/prácticas e traballos tutelados só se garda durante un curso académico.
  • Os erros ortográficos nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.
  • O plaxio detectado nos traballos entregados será motivo de suspenso na asignatura.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes