Aprendizaxe colaborativa |
A23 B19 B20 B22 B23 B24 C4 C7 |
Nas sesións interactivas, os alumnos, distribuídos en grupos de 5 a 9 integrantes, traballan colaborativamente sobre a resolución de exercicios prácticos, presentados polo profesor. Estes exercicios prácticos desenvolven os contidos procedimentais que complementan os contidos conceptuais das sesións maxistrais. Esta é a primeira forma de avaliación. A media ponderada da nota de tódolos exercicios prácticos representa a primeira forma de cualificación. |
33 |
Traballos tutelados |
A23 B19 B20 B22 B23 B24 C4 C7 |
Os alumnos, que desexen avaliarse por este medio, poderán optar por unha das seguintes modalidades de traballo: recensionar unha monografía, estudar unha característica dunha relixión, desenvolver unha proposta didáctica. A nota do traballo representa a segunda forma de avaliación. |
33 |
Proba obxectiva |
A15 A36 A37 A40 B6 B18 B21 B25 |
Os alumnos, que non teñan participado nos exercicios de aprendizaxe colaborativa nin realicen o traballo tutelado, deberán presentarse a esta proba final de avaliación. Consistirá en 20 preguntas de resposta breve, que recollen tódolos bloques de contidos da materia. A nota do exame representa a terceira forma da avaliación. |
34 |