Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía |
Recomendacións |
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía | Código | 652G03038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | ||||
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | |||
|
Materias que continúan o temario | ||||
|
Observacións | |
Nas sesións de aula e virtuais sosterase o principio de
debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas
en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do
alumnado. Anímase ao alumnado a incorporar algunhas das seguintes cuestións relativas á igualdade de xénero nos seus estudos e traballos: a) A utilización dunha linguaxe inclusiva. b) A visibilización e a análise dos nesgos sexistas en recursos, medios e discursos etc. c)
A adaptación da normativa APA para que figuren os nomes propios de
autoras e autores, así como a procura da paridade na bibliografía. f) O estudo do papel das mulleres ao longo da historia e das súas achegas ao coñecemento no pasado e no presente. d) A visibilización de modelos de masculinidades non hexemónicas. e) A reflexión sobre os roles asociados a estereotipos de xénero e a organización da interacción na aula dun xeito inclusivo. g)
A utilización de metodoloxías feministas (é dicir, que propicien a
igualdade de xénero) baseadas na aprendizaxe colaborativa e na pedagoxía
dos coidados. h) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. i) A consulta a páxinas web, organizacións e documentos chave como estes: -O proxecto Rompendo Regras, da Facultade de Ciencias da Educación (UDC): https://rompendoregras.wordpress.com/ -La Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da UDC: https://www.udc.es/es/oficinaigualdade/ Tamén se recomenda que o alumnado incorpore algunhas das seguintes cuestións relativas á sustentabilidade ambiental nos seus estudos e traballos: 1.-
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: De
se realizar en papel: Non se empregarán plásticos; realizaranse
impresións a dobre cara; empregarase papel reciclado; evitarase a
impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3.-
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. Por outra banda, débese
facilitar a plena inclusión e integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria. |
|