Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Xerontoloxía
 Asignaturas
  Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 O/a alumno/a deberá realizar obrigatoriamente, a través da plataforma de teleformación, exercicios, relacionados coa docencia impartida no curso. 10
Sesión maxistral A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 O/a alumno/a deberá asistir ás clases, seminarios propostos para completar e mellorar a comprensión da docencia impartida nas sesións maxistrais, e defensa de presentacións orais propostas. No caso de que o alumno teña máis de 3 faltas, deberá realizar un traballo de investigación máis extenso: < 3 faltas- 20 citas; 4-6 faltas: 40 citas; 7-9 faltas: 60 citas; > 10 faltas: 80 citas. Darase un 5% da nota final a aqueles alumnos sen faltas, restando 0,2 por cada falta. 5
Traballos tutelados A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 O/a alumno/a, ao finalizar o curso, deberá entregar un traballo de investigación, ou de revisión bibliográfica de alta calidade, avaliándose a estrutura e forma do mesmo, o uso de traballos científicos relevantes (mínimo de 20 referencias bibliográficas, das cales polo menos o 80% serán en inglés) e a calidade e innovación do tema proposto. Este traballo terá un valor do 40% sobre a nota final (10% presentación oral do traballo e 30% calidade do traballo escrito). 40
Proba obxectiva A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C4 Ao finalizar a materia, o/a alumno/a pode presentarse a unha proba final, exame, para avalialo da docencia impartida ao longo do curso. 30
Presentación oral A1 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 O/a alumno/a deberá realizar unha presentación oral ademais dun traballo de investigación en formato póster. Terá un valor do 15% sobre a nota final total, avaliando a organización e información, pronuncia e entoación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia deberá superarse tanto a proba obxectiva
como o traballo tutelado.

O traballo tutelado (escrito), é dicir, o 30% da nota total da materia,
poderá convalidarse no caso de que o/a alumno/a preparara un artigo científico
para publicar nunha revista de prestixio ou ben xa o teña publicado, sobre o
que deberá facer unha presentación oral (10%).

TRABALLOS TUTELADOS: Caso de detectar fraude,
copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na
oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade
seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de
profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª
avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou
perpetua do alumno do Mestrado cursado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes