Portafolios do alumno |
O Portafolios contén o rexistro realizado polo estudantado durante o período de práctica clínica.
Constará dos seguintes contidos :
1. MEMORIA DE PRÁCTICAS, integrada polos seguintes documentos:
- Reflexión Crítica sobre a Unidade Clínica ou Centro de Saúde na que se realizaron as prácticas.
- Autoavaliación do estudante
2. DIARIO REFLEXIVO DE PRÁCTICAS, como exercicio de introspección respecto da experiencia das Prácticas Clínicas e valoración das perspectivas profesionais e persoais.
|
Estudo de casos |
A /o estudante elixirá un proceso patolóxico tipo da Unidade de Prácticas e realizará o seguimento dunha persoa con ese problema de saúde, seguindo os pasos que se enumeran a continuación:
Descrición do proceso patolóxico elixido. Bases fisio-patolóxicas do caso.
Enumeración dos problemas de saúde e complicacións potenciais, determinando obxectivos e actividades de enfermaría para resolver e previr os problemas reais e potenciais detectados.
Valoración final do estudante sobre as fortalezas e dificultades percibidas para a realización do traballo.
O traballo sobre o caso clínico colgarase na plataforma Moodle ou enviarase por correo electrónico á profesora asignada e será presentado de forma oral (con apoio audiovisual) nunha sesión de grupo reducido. A profesora especificará, de ser o caso, a necesidade de usar taxonomía enfermeira, dependendo da unidade na que se realicen as prácticas.
|
Lecturas |
O profesorado presentará ao alumnado, para a sua leitura crítica, un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. |