Traballos tutelados |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 |
A realización dos traballos tutelados é de carácter grupal. A avaliación inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración, identificación de problemas (DdE e CP) e prioridades, selección de obxectivos e intervencións de enfermería (NIC). |
10 |
Estudo de casos |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 |
Desenvolverase de xeito individual e en grupo de traballo. As e os estudantes resolverán situacións de saúde descritas nos casos clínicos.
No desenvolvemento desta metodoloxía avaliarase a adquisición de competencias específicas e transversais. Na valoración inclúese a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise, a comprensión da situación e a idoneidade das solucións formuladas, a asistencia e participación activa na aula e nos grupos de traballo. No desenvolvemento da metodoloxía inclúense probas escritas presenciais de resolución de casos clínicos.
A nota final da metodoloxía será a suma das cualificacións das probas e do desenvolvemento da e do estudante na actividade individual e de grupo.
|
35 |
Lecturas |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B3 B4 B6 B11 B16 B24 C4 C6 C7 C10 C11 |
Lecturas de documentos relacionados coa temática da materia, con actividades específicamente diseñadas para el análisis de los mismos. |
5 |
A aplicación das porcentaxes na avaliación final
quedará suxeita a que todas as metodoloxías que computen na avaliación sexan
superadas pola/o estudante. Na presentación da materia, a
docente informará de forma pormenorizada de como se aplicarán os criterios de avaliación. 2ª oportunidade: Os criterios de avaliación da segunda
oportunidade (xullo) serán os mesmos que os da primeira oportunidade (xaneiro).
A proba mixta e de estudo de casos realizaranse coincidindo coa data oficial do
exame da materia da 2ª oportunidade. O traballo tutelado, deberá desenvolverse
de xeito individual e a data de entrega establecerase no período de
avaliación da 2ª oportunidade. Adianto de oportunidade: Proba mixta 100% (inclúe
preguntas relativas o desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e
resolución de estudo de casos) Estudantes con matrícula parcial: As metodoloxías e
porcentaxes serán as mesmas. Na metodoloxía de estudo de casos, os estudantes
deberán realizar a entrega da resolución dos casos propostos e realizar as
probas escritas presenciais durante o curso. O traballo tutelado realizarase de
xeito individual ou grupal, segundo acordo co/a estudante.
|