Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Patrimonio Cultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A8 A13 A14 A18 A23 A30 A31 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C4 Exame escrito ou oral no que se combina o comentario de texto co recoñecemento de imaxes e preguntas específicas sobre a materia.Para facer o cómputo coas demais porcentaxes, é preciso superar o exame nun 50% 40
Presentación oral A5 A8 A13 A18 A19 A29 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C8
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Consisitirá nun traballo relacionado coa materia que será exposto en clase.
30
Simulación A3 A5 A8 A13 A23 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C8
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor
en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Traballo individual sobre as saídas de campo realizadas na materia, que será dinamizado nas titorías.
O alumnado de Grao en Turismo poderá elexir entre Prácticas voluntarias no Programa Coruña Educa ou outro, ou ben un exame oral sobre a cidade da Coruña.

O alumnado de Simultaneidade de Grao fará un exame oral sobre a cidade de Coruña en inglés (en colaboración coa materia de Inglés)

30
 
Observacións avaliación
A asistencia a clase é obrigatoria. 
De forma esporádica pódense facer cuestionarios ou exercicios que servirán como forma de control da asistencia.

As persoas que, por unha causa xustificada, non poidan asistir o día indicado para a súa presentación oral terán que acordar coa profesora outra data. 
As saídas de campo, conferencias ou outras actividades son unha obriga e poderán requirir a presentación dunha recensión, que servirá como demostración da asistencia. 

 As persoas que participen nas prácticas voluntarias non poderán cambiar de modalidade unha vez decidida a participación. 

 -Todas as partes teñen que ser superadas polo menos nun 50% para poder facer o cómputo final. 
 
O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en actas coa cualificación obtida na parte suspensa, ata que se poida facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. 
 As instrucións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. 
 Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade
O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba parcial, só terá validez para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos. 
 Está prohibido acceder á aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ ou almacenamento de información. 

 Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
Poderán seguir a modalidade de avaliacion do alumnado a distancia.
 En todas as modalidades, a detección de plaxio ou calquera evidencia de falsidade serán penalizadas co suspenso na materia ata a seguinte oportunidade ou convocatoria.

O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calquera delas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou aprobe a parte que falte para poder facer o cómputo final. Pódese dar o caso de que unha persoa suspenda algunha das partes, pero que a suma co resto dea aprobado. Nese caso a nota será un suspenso (o suspenso máis alto das que aparezan suspensas), pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%.

.


ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: 
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes