Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Análise de Estados Financeiros
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada.Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder coa resolución de operacións sinxelas. Realizarase ao longo do cuatrimestre.
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. O alumnado terá que expoñer os temas traballados na aula. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Sesión maxistral Tipo especial de lección impartida polo profesor, onde se baraxarán contidos que conforman o marco teórico - práctico da materia contable.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do da persoa docente e en escenarios variados (académicos e profesionais). Nesa metodoloxía o alumnado asume a responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor. O alumnado poderá realizar o traballo baixo a metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo ApS, desenvolvendo o seu traballo nun contexto real e en conxunto con outros colectivos.
Aprendizaxe servizo Trátase dunha actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partir da práctica reflexiva. O alumnado aplicará os coñecementos xerados nas clases á unha situación práctica ofrecendo servizo á comunidade.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc.

A proba consistirá na resolución dun exame final que versará sobre aspectos do análise contable. Esa proba consta de varios tipos de preguntas: tipo test, verdadeiro ou falso, resolución de exercicios prácticos para a elección da resposta correcta.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes