Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Análise de Estados Financeiros
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A2 A5 B1 B2 B6 B7 C1 Valoraránse os coñecementos teóricos e prácticos de análise contable adquiridos ó longo das sesións maxistrais. 10
Resumo A2 A5 A9 A10 B1 B4 B6 B7 C3 C4 En relación coa presentación oral valoraráse a claridade das opinións expostas verbo de:
1. Os temas que se especifican no programa da materia.
2. A resolución de problemas contables.
10
Solución de problemas A2 A5 A9 A10 A12 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 Valorarase a resolución de varias situacións problemáticas concretas a partir dos coñecementos traballados nas sesións maxistrais. 10
Proba obxectiva A2 A5 A9 A10 A12 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C4 C6 Consistirá nunha proba escrita que versará sobre aspectos teóricos e prácticos, correspondentes aos temas desenvolvidos ao longo do curso. 50
Traballos tutelados A9 B1 B2 B4 B5 C1 C8 No transcurso da materia será proposto un traballo grupal para aplicar os coñecementos xerados nas clases de forma práctica. O traballo será realizado en grupos pequenos de 4 integrantes e avaliado con rúbrica que o alumnado coñecerá ao principio das clases. O traballo poderá ter unha compoñente de ApS ou dentro do proxecto elixido polo alumnado. 20
 
Observacións avaliación

Nota Final da Material: Sumatorio de todas as puntuacións.   
Observación de Primeira oportunidade: é necesario aprobar a Proba obxectiva con 50% da valoración total desta parte para superar a materia. 
En Segunda oportunidade, gardarase a nota obtida na proba de resposta breve, solución de problemas, traballos tutelados e resumos realizados polo alumnado ao longo do cuatrimestre. A esta nota sumarase a nota obtida na proba obxectiva de segunda oportunidade, que versará sobre aspectos teóricos e prácticos, correspondentes aos temas desenvolvidos ao longo do curso.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente coa Proba obxectiva, que suporá o 100% da calificación. A proba terá o mesmo contido que para o alumnado con dedicación a tempo completo.
O alumnado que non se presente a Proba obxectiva, aínda que teña participado activamente das outras actividades, será calificado como NON PRESENTADO.
Fóra dos previstos no regulamento, en ningún caso se cambiará a data de ningunha proba.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes