Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Deseño de Moda
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A18 B1 B3 B4 B5 B7 B9 B10 C3 C8 Plantexaranse cuestións sobre o temario para ser respondidas en papel tanto de forma escrita en formato test, extenso ou gráfico.

Esta proba poder ser sustituida por diferentes probas individuais que se realizarán durante o curso a modo de evaluación continua.
30
Traballos tutelados A6 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 C3 Como complemento das clases expositivas e das interactivas, e co obxecto de promover a aprendizaxe autónoma e grupal. Os estudantado desenvolverá continuadamente traballos prácticos de tipo analítico en diversos formatos baixo a tutela do profesorado. 70
 
Observacións avaliación

1. Avaliación . Para superar a materia o alumnado terá dúas oportunidades: 


- Primeira oportunidade – Na primeira delas será avaliado polos resultados dos traballos individuais e grupais do taller. No caso de non superar os individuais deberá presentarse á proba mixta de tipo teórico-práctica según o calendario oficial (Xaneiro).

 - Segunda oportunidade – no caso de non superar a avaliación na primeira oportunidade o almuno poderá facer uso da segunda oportunidade, según calendario oficial, que consistirá nunha proba mixta de tipo teórico-práctica. 

2.- Convocatoria adiantada. Os alumnos que teñan dereito á oportunidade adiantada deberán presentarse a unha proba mixta de tipo teórico-práctica nas datas que estableza o calendario académico.

3.- Calificación de non presentado.

Non entregar os traballos grupais nas datas designadas implica unha calificación de “Non presentado” 

4.- Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. 

A asistencia é obrigatoria cando menos a un 80% das sesións que compoñen o curso. Sen este requisito, o alumnado non poderá aprobar por curso a materia. Queda excluído deste requisito o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académicade exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIMEDE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" (Arts. 2.3; 3.b e4.5) (29/5/212). 


Matrícula tardía. As persoas matriculadas con posterioridade a o inicio do curso académico deberán asistir ás clases teóricas e prácticas dende a data da súa matrícula, tendo a posibilidade de recuperar as prácticas realizadas até a data. 

O resto de regras que non entren en contradición coas anteriores seranlles de aplicación do mesmo xeito que ó resto de estudantes.  

Aqueles estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.

Plaxio. No relativo ao plaxio
se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes