Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Etica da Globalización e Dereitos Humanos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A3 A7 A11 Avaliación do coñecemento e comprensión dos contidos impartidos nas sesións maxistrais e na análise documental 40
Presentación oral A7 A10 A11 B2 C4 Avaliación da habilidade para seleccionar, comprender, analizar e comunicar información relevante baseada en fontes bibliográficas e normativas.
Avaliación das habilidades argumentativas orais
40
Proba de ensaio A3 A7 A11 C4 Ensaio final sobre un dos temas da materia que pretende avaliar o coñecemento, o sentido crítico e as habilidades argumentativas escritas 20
 
Observacións avaliación

1. Avaliación da 2ª oportunidade

O/A estudante pode conservar a nota obtida nas actividades de avaliación se é igual ou superior a un aprobado en cada actividade (2 puntos ou máis nas exposicións orais, 1 punto ou máis nos ensaios e 2 puntos ou máis na proba obxectiva). No caso de que a nota sexa inferior (menos de 2, 1 ou 2, respectivamente), o/a estudante poderá seguir a modalidade para estudantes con recoñecemento de dedicación parcial e exención de asistencia a clase (cf. apartado 3).

 

2. Plaxio ou fraude académica

As condutas fraudulentas do/da estudante nas actividades de avaliación, e en particular o plaxio, supoñerán unha cualificación de 0 (suspenso) na oportunidade correspondente.

 

3. Criterios de avaliación para estudantes con recoñecemento de dedicación parcial e exención de asistencia a clase

A proba obxectiva (40%) ten as mesmas condicións que para o resto dos/as estudantes.

As preguntas de resposta longa/ensaio (20%) ten as mesmas condicións que para o resto dos/as estudantes.

A exposición oral (40%) consiste na entrega dun traballo e un breve comentario oral perante o profesor antes da data da proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes