Guía DocenteCurso Escola Politécnica Superior |
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos |
Asignaturas |
Taller de Deseño de Videoxogos I |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Taller de Deseño de Videoxogos I | Código | 730529005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A6 A15 A17 A18 A19 A20 A26 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C8 C10 | Os traballos tutelados que deberá realizar o alumnado consistirán nos documentos de concepto, deseño, arte e documento técnico do xogo deseñado ao longo do taller. A avaliación do traballo tutelado corresponderá nun 50% á puntuación obtida polo grupo e nun 40% á obtida pola/o alumna/o de xeito individual. |
90 |
Presentación oral | A6 A15 A17 A18 A19 A20 A26 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C8 C10 | O alumnado realizará unha presentación oral do proxecto de videoxogo que deseñou ao longo do taller. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Para poder superar a materia o alumnado deberá asistir a todas as presentacións da convocatoria na que se presente. De non cumprilo, terá a cualificación de suspenso (0). Os documentos referentes aos traballos tutelados entregaranse o mesmo día das presentacións e antes de comezar as mesmas. Se o alumnado non realiza a presentación ou non entrega algún dos documentos requiridos, recibirá a cualificación de suspenso (0). As faltas de ortografía, así como a falta de lexibilidade na documentación presentada poderán facer que devanditos documentos se consideren como non aceptables e por tanto consideraranse non presentados. As presentacións e recursos utilizados na materia poñeranse ao dispor do alumnado. A avaliación constará dunha parte en conxunto (traballo desenvolvido polo grupo) e outra parte individual (traballo realizado pola/o alumna/o-área), polo que a calificación final do alumnado dentro dun mesmo grupo pode variar en función da calidade do traballo desenvolvido. A avaliación será a mesma para todas as convocatorias. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria. No caso de alumnado con dispensa académica realizarase a supervisión dos traballos nas titorías da materia. Devanditos traballos poderanse realizar cos recursos proporcionados sen necesidade de asistencia presencial, aínda que se recomenda a asistencia a titorías. En calquera caso, o alumnado con dispensa académica deberá realizar de maneira presencial a presentación oral dos traballos. |
|