Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B3 B8 B9 C6 Probas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe en diferentes momentos do proceso formativo. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. 65
Obradoiro A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B11 B13 B17 B19 B21 C2 C3 C6 C7 C8 C10 C11 MÓDULO 2- TIC APLICADAS A CIENCIAS DA SAÚDE
Para a avaliación de competencias, realizarase unha avaliación continua do estudante, levando a cabo ao longo do curso, diferentes probas e utilizando distintas metodoloxías.
35
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIONS XERAIS

  • DISPENSA ACADÉMICA: De acordo á normativa da UDC, admítese dispensa académica nesta materia.
  • MATRÍCULA DE HONRA: Os estudantes que desexen optar a matrícula
    deberán cumprir os seguintes requisitos:
a.-Obter unha nota media superior a 9 na cualificación
final da materia.  
b.-Obter al menos un 8,5 sobre 10 en TICS e un 9 en Documentación.
c.-Remitir as actividades de avaliación continua, que
se expoñan na materia. 
Tras a aplicación dos criterios establecidos, a decisión final quedará supeditada á consideración dos
profesores da materia. 
  • OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA examinarase por escrito a
    través dun único exame que se corresponderá coas
    datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
  • SUMA DE PORCENTAXES: Cando o alumno non supere de maneira independente un dos módulos, supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non superar algunha das avaliacións, figurará cun 4,9 en acta.
  • O feito de non presentarse a alguna das probas de avaliación dalgún módulo, implica figurar en acta como NON PRESENTADO.
  • FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS: Segundo o establecido na
    normativa da UDC:
  1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores
responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade
ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non
permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros,
a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á
expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta
cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións
documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa
cualificación da falta cometida polo alumno infractor.
2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con
instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente
autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de
expulsión da proba, despois de redactar a acta correspondente que se enviará ao
centro.
3.-A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de
suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da
súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento.


ESTRUTURA DA MATERIA

A materia está dividida en dous módulos, claramente diferenciados.

MÓDULO 1- INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN CIENTÍFICA EN CIENCIAS DA SAÚDE* (65% da cualificación final):

A avaliación (sobre un 100%) repartirase da seguinte forma

  • 60% (Probas obxetivas)
  • 40% (Traballos Tutelados)

Para poder aprobar esta parte da materia será requisito indispensable
cumprir coas seguintes premisas:

  • Realizar, tanto na primeira como na segunda oportunidade, o 100% de
    cada unha das metodoloxías establecidas: proba de ensaio e traballos
    tutelados.
  • Lograr polo menos, a metade da puntuación establecida como máxima, en
    cada unha das metodoloxías que computan na avaliación: proba de
    ensaio e traballos tutelados.
        *Aqueles alumnos que no superen a convocatoria de xuño, só deberán
examinarse das partes no superadas na convocatoria de xullo.

  • PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A
    avaliación deste módulo, é a establecida para todos os alumnos.


  • SEGUNDA
    OPORTUNIDADE: Aplicaránse os mesmos criterios que para
    a primeira oportunidade. 


  • MATRICULA PARCIAL/DISPENSA
    ACADÉMICA: A avaliación de os alumnos que cumpran esta situación é a mesma
    que a establecida para todos os alumnos.



MÓDULO 2- TIC APLICADAS A CIENCIAS DÁ SAUDE (35% da cualificación final):

  • PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A avaliación que
    aparece reflectida, asociada a este módulo, é a PROGRAMADA para todos os alumnos con
    MATRÍCULA COMÚN, que se presenten á primeira oportunidade.
  • SEGUNDA OPORTUNIDADE: Aplicaránse os mesmos criterios que
    se estableceron para a primeira oportunidade. 
  • MATRICULA PARCIAL/DISPENSA ACADÉMICA: Os alumnos con MATRICULA PARCIAL e os alumnos con DISPENSA ACADÉMICA, deberán comunícar a súa condición aos profesores da materia, durante as dous primeiras semanas do curso, especificando se desexan facer uso da súa condición. Os
    alumnos que finalmente se acollan a esta opción, deberán examinarse por escrito do contido do módulo, tanto en en primeira como en segunda oportunidade, nun único exame, que se corresponderá
    coas datas oficiais aprobadas en Xunta
    de Facultade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes