Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Bioética. lexislación e xestión en podoloxía [a extinguir]
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A13 A14 A53 A61 A64 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 B12 B15 B16 B18 B19 B22 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta cada 3 preguntas incorrectamente respondidas descontarán unha resposta correcta.
Devandito exame realizarase presencialmente a través do campus virtual da materia, e versará sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados así como os escenarios do "Estudo de casos".

INSTRUCIÓNS DO EXAME:
- Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos colgadores e mesas do fondo da clase.
- Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles.
- Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, o cartón identificativo do estudante (DNI ou cartón UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables.
- A copia e o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móviles, auriculares e reloxos de calquera tipo) será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a calificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades).
- Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula.
100
 
Observacións avaliación

 En tódalas modalidades e oportunidades de avaliación o exame teórico final suporá o 100% da cualificación da materia.

Optarán á cualificación de Matrícula de Honra aquela alumna ou alumna que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nas clases escenarios e seminarios fose significativa, priorizando os casos nos que participase de eventos relacionados coa materia ademais do traballo opcional.

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes