Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Deportiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 Proba obxectiva de 40 preguntas tipo test con 5 opcións de resposta e unha única resposta verdadeira. As respostas incorrectas penalizan un 25% do valor da pregunta. 40
Estudo de casos A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 Resolución de casos clínicos cuxo motivo de consulta é patoloxía do pé asociada ao exercicio físico ou á práctica deportiva.
Os casos conteñen unha descrición con datos clínicos a partir dos cales o estudante deberá responder a cuestións relacionadas co diagnóstico e co tratamento.
30
Prácticas clínicas A100 A103 B30 C11 C12 C14 A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para todo o alumnado en calquera modalidade de matrícula.
Na cualificación das prácticas clínicas terase en conta:
1)a aplicación dos coñecementos á práctica, especialmente os relacionados coa exploración e análise podolóxico do deportista durante a realización das prácticas (50% da cualificación desta metodoloxía)
3)o enchemento dun cuestionario individual sobre coñecementos da aplicación de contidos teóricos á práctica clínica (50% da cualificación desta metodoloxía)
10
Seminario A100 B24 B25 B34 Nos seminarios desenvolveranse actividades que ha de elaborar o alumnado de maneira individual ou en grupo e entregar en tempo en forma tal e como estará descrito no apartado correspondente da materia no Campus virtual da UDC. En cada seminario especificarase o obxectivo da mesma, os requisitos de formato e a súa puntuación correspondente.

Para que as actividades sexan cualificadas e computen na cualificación final o alumnado debe asistir e participar nas actividades planificadas nos seminarios, fóra dos alumnos/as matriculados a tempo parcial, que terán nesta metodoloxía dispensa académica.
20
 
Observacións avaliación
  1. Para superar a materia é obrigatorio asistir ás prácticas clínicas e superar o exame teórico (cunha calificsción mínima do 50% do seu valor total). 
  2. As cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación do exame (non é necesario obter o 50% de cada parte; pódese obter o 50% con calquera combinación entre a porcentaxe da proba obxectiva e os casos clínicos). 
  3. No caso de non presentarse ou non superar o exame na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera nesa oportunidade o 50% da cualificación do exame. A cualificación que figurará na acta, en caso de non superar o exame, será a cualificación do exame calculada sobre o 100% da avaliación. 
  4. En segunda e sucesivas matrículas só computarán as cualificacións da metodoloxía práctica e os seminarios do curso inmediatamente anterior ao vixente (para a materia do plan de estudos de 2019).
    A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente ao exame ou non realice o 100% das prácticas clínicas.
  5. A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con cualificación con opción a matrícula que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba obxectiva, exame que se fixará en data e hora #de acordo con os interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación final igual ou superior a 9.0, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito de cualificación final mínima, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude demostradas durante o desenvolvemento da materia 
  6. Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización das práctica clínicas. A cualificación dos seminarios pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/para realizará de forma autónoma (dispensa académica), e sen asistir ás sesións presenciais de traballo en grupo, presentando os traballos a través do Campus Virtual UDC e cun seguimento de atención personalizada en horario de titorías. 
  7. Os estudantes SICUE, ERASMUS e BILATERAL poderán optar pola avaliación da matrícula ordinaria ou polas condicións da matrícula a tempo parcial. 
  8. Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recolleitos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá, nesta oportunidade, un peso do 100% da cualificación final 
  9. PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes