Guía DocenteCurso Escola Universitaria Politécnica |
Grao en Enxeñaría Eléctrica |
Asignaturas |
Física I |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Física I | Código | 770G02003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A7 B2 B4 B6 C3 C4 C8 | Son obrigatorias. Valorarase o traballo realizado no laboratorio e o informe presentado e outros trabalhos afins propostos. Se farán sesión presenciais e online. | 10 |
Proba obxectiva | B1 B2 B6 C1 C4 C6 | Se fará unha proba obxectiva na convocatoria oficial de xaneiro e outra en xuño/xullo para aqueles estudantes que non superaron a materia na primeira oporunidade | 60 |
Proba de resposta múltiple | A7 B1 B4 C3 C6 | Propoñerase test ao alumnado que abarcará os conceptos tanto teóricos cómo prácticos da materia . Os test poderán ser sustituidos pola resolución de exercicios curtos | 30 |
Observacións avaliación | |||
Alumnos/as de novo ingreso: Para que un/a alumno/a poda ser avaliado/a, débese ter en conta que a asistencia á clase é obrigatoria. Os casos excepcionais poden ser contemplados a ser documentados. As prácticas de laboratorio son obrigatorias, de xeito que un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia. Deberá obter unha calificación dun 50% nas prácticas de laboratorio. Na proba obxetiva e no total das probas de resposta múltiple ou exercicios avaliados, deberá ter un mínimo dun 33% para poder aprobar a materia en cada unha das probas obxectivas e do total das probas de resposta múltiple. Os/as alumnos/as con calificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron á proba obxectiva. Alumnos/as co dedicación a tempo parcial: Os criterios e actividades de avaliación para a primeira oportunidade dependerá da cantidade de dedicación a este a tempo parcial. Os/as estudantes, que por razóns xustificadas (emprego, enfermidade, ...) non efectúnen a avaliación continua, a proba obxectiva escrita supón o 80% da puntuación. O 10% restante corresponden á puntuación do laboratorio, que é obrigatorio. Un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia. No caso de non poder facer as prácticas presencialmente deberá poñerse en contacto con profesores no mes de setembro. Os/as alumnos/as con calificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron á proba obxectiva. Alumnos/as repetidores: Os/as alumnos/as repetidores que faceron as prácticas no curso académico anterior, poderán renunciar por escrito, no mes de setembro, a fácerlas de novo e optar a mantel a puntuación do curso 2021-22. Segunda Oportunidade: A proba objetiva abarcará todo o temario (Temas 1-8) e computará un 60% da avaliación. O estudante debera obter un mínimo de 33% da nota da proba. Se manteñen as calificación obtidas para as probas de resposta múltiple ou exercicios avaliados e das prácticas do laboratorio. En xeral, a entrega de traballos documentais escritos se levará a cabo preferentemente en formato virtual e/ou soporte informático. De non ser posible, usarase preferentemente papel reciclado, impresóns a dobre cara e se evitarán impresións de borradores e o uso de plásticos. A realización fraudulenta ds probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de "0", invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a segunda oportunidade. O profesorado podrá facer os trámites que considers oportunos en caso de sospeita. |
|