O módulo transversal de Formación Dual consta de 60 ECTS correspondentes ao cuarto curso e desenvólvese por completo na empresa. Engloba as materias de Organización de Empresas, Oficina Técnica, Enxeñaría Gráfica, Prácticas en Empresa I, Prácticas en empresa II e Traballo Fin de Grao. O alumnado que se matricule no devandito módulo debe facelo do curso completo (60 ECTS), non permitíndose matricúlaa parcial.
O obxectivo deste módulo é que o alumnado complemente a formación académica recibida no tres primeiros cursos da titulación e adquira as competencias que lle preparen para o exercicio das súas actividades profesionais e faciliten a súa inserción laboral.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías