Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
QUE É O PLAN DE ACCIÓN TITORIAL (PAT)?
CURSO 2022/2023
O obxectivo xeral do PAT é o de ofrecerlle ao alumnado de cada curso unha persoa de referencia que o apoie e oriente no seu desenvolvemento académico e persoal e na súa adaptación ao contexto curricular e social universitario.
A Facultade de Ciencias da Educación estende a acción titorial de xeito que mediante a titoría universitaria se poida contribuír a formar o alumnado en múltiples vertentes: académica, profesional, persoal, social e administrativa. A titoría do PAT non se pode confundir coas titorías das materias que están centradas nos contidos académicos e as competencias que a materia debe desenvolver dentro do plan de estudos do título.
O profesorado coordinador exercerá as funcións establecidas na acta da Xunta de Facultade do 20 de novembro de 2009. Esta persoa coordinadora de curso recibirá as consultas do alumnado e poderá de derivalas cara ao profesorado ou o persoal ou servizo máis apropiado. Dáse a oportunidade de que todo o profesorado do centro asuma a función de titoría; para iso, terá que llo comunicar ao decanato a través do Vicedecano de TFG, Estudantes e PAT, que á súa vez o fará chegar ao CUFIE cos efectos oportunos de certificación, de ser o caso.
|