Recoméndase a asistencia e participación ás clases tanto de índole
teórico como práctico. Así mesmo, recoméndase completar o material facilitado
polo profesorado coa bibliografía por eles recomendada e a realización das
tarefas encomendadas. Un estudo continuo da materia e o uso das titorías para
resolver dúbidas é fundamental para superar con éxito a asignatura. Recoméndase
o uso das titorías individuais para os alumnos con dificultades en superar a
materia. Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna
inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da
Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen
nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en
formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de
borradores. |