Este curso pretende proporcionar unha visión xeral das aplicacións dos nanomateriais e novos materiais, relacionando o resto das materias deste módulo entre si e contextualizando os aspectos máis importantes. Tamén poñerá en contexto e relacionará nanomateriais e novos materiais coas outras disciplinas coas que interactúa, dado que o seu estudo só ten sentido nun campo interdisciplinar, entendendo que a súa razón de ser é a comprensión e desenvolvemento de nanomateriais e novos materiais, para optimizar e acadar novas propiedades, de xeito que sexan aplicables en campos tan variados como biomedicina, electrónica, optoelectrónica, óptica, enerxía, catálise, alimentos, cosméticos, téxtiles, medio ambiente, enxeñería, etc.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías