Aconséllase que aqueles alumnos que cursen a "Química Inorgánica 4" teñan superada a "Química Inorgánica 3". Asemade, é preciso que os alumnos que cursen a "Química Inorgánica 4" manexen adecuadamente os coñecementos impartidos nas materias "Química Inorgánica 1 e 2" e "Química Física 1 e 2". Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para
axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da
" Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os
traballos documentais que se realicen nesta materia: a.-
Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b.-
De realizarse en papel: -
Non se empregarán plásticos. -
Realizaranse impresións a dobre cara. -
Empregarase papel reciclado. -
Evitarase a realización de borradores. |